O Río Va

Inicio   Que ver   Natureza e deporte   O Río Va

Nace na fonte dos Carneiros en Cabanas e na súa canle atópanse 7 lavadoiros, 21 muíños e 7 fontes públicas.

Historicamente o río de Va tivo un enorme valor converténdose nun importante elemento para o desenvolvemento agrícola das terras das súas marxes. As extraordinarias fontes existentes ó longo do leito contribuíron a fixar os núcleos de poboación nas proximidades. A riqueza da súa fauna e da vexetación de ribeira poñen en valor este espazo natural.

O concello restaurou os muíños do Pombal con fins educativos e o de Redondo en Magalofes.