Parques

Inicio   Que ver   Natureza e deporte   Parques

O parque Castelao de Fene é unha grande área de esparexemento para a veciñanza, no que se atopa a “Galaxia Imaxinaria”, proxecto de recuperación urbana para o xogo e a actividade lúdica relacionado coa cultura científica, o humor, o coñecemento do medio, as lendas e o imaxinario.

O parque lineal do Río Cádavo, o paseo marítimo de San Valentín, o paseo marítimo Bieito Cupeiro de Barallobre, o parque da Hortiña en Limodre, e outros pequenos parques e prazas espallados por Fene achegan recantos para o encontro e o lecer.