Festival Felipop 2017

Inicio   Fene hoxe  

Como cada verán desde hai xa dezanove anos, a pequena parroquia fenesa de Limodre citarase co pop chegado de diferentes lugares nun festival que segue a apostar polo risco, a melodía e a coherencia estilística. Estes son, precisamente, algúns dos elementos que teñen convertido ao Felipop nunha cita ineludible para todos aqueles que desexan gozar dunha experiencia no que o aspecto lúdico e o bo gusto van da man.

Cartel do festival nesta edición:

Venres 21 Xullo


BIFANNAH (Galicia)
FOGBOUND (Galicia)
SALTO (Madrid)
DAVID HOOPER & RESURRECTED SOUL (USA)

Sábado 22 Xullo


ESPIÑO (Galicia)
LOS ESTANQUES (Cantabria)
ZODIACS (País Vasco)
BUGUIBÚN (Madrid)

Ligazóns