A Oficina de Turismo de Fene abre as súas portas

Inicio   Fene hoxe  

A partir deste sábado, por espazo de catro meses, atenderá ao público de martes a sábado en horario de mañá –de 9 a 13,30 horas- e tarde –de 17 a 20 horas- Fene, 30 de maio de 2019. O Concello de Fene abrirá este sábado, 1 de xuño, as portas da Oficina Municipal de Turismo. O horario previsto é de mañá (entre as 9 e as 13,30 horas) e tarde (entre as 17 e as 20 horas), de martes a sábado.

A oficina está emprazada na Avenida Naturais e, nela, ofrécese un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio e tamén a programación cultural e deportiva.

Así mesmo, veciños e visitantes terán nestas instalacións os programas e guías “Vén a Fene”, nas que se inclúen todas as actividades e propostas de ocio que se celebrarán no municipio ao longo do ano, tanto as organizadas polo Concello como aquelas que promove o tecido asociativo.

A oficina estará operativa durante catro meses, e o Concello conta cunha achega da Deputación para a súa posta en marcha.