Avisos

21-07-2022

Bando do Día da Patria Galega 2022

Perante a proximidade do 25 de xullo, Día da Patria Galega, o alcalde de Fene, Juventino Trigo, vén de publicar un bando municipal no que lembra que nesta xornada "homenaxeamos aos nosos devanceiros, a quen nos precederon na loita polas liberdades democráticas e o autogoberno, nomeadamente a Daniel e a Amador e a todas aquelas persoas que hai 50 anos, no de 10 de marzo de 1972, saíron á rúa para defenderen os seus dereitos laborais e protagonizar un dos fitos máis importantes na historia do movemento obreiro galego".
Asemade, no documento salienta o carácter reivindicativo desta data "na que cómpre reclamar maiores cotas de autogoberno pois cómpre dar resposta aos retos actuais, tanto globais coma locais. Galiza arde de Ortegal ao Miño por mor da falta de políticas forestais e de desenvolvemento do medio rural acaídas. Combater o cambio climático precisa dunha transición enerxética que potencia a implantación de enerxías renovables pero non a calquera prezo".
Por último, o primeiro rexedor fenés anima á veciñanza a pendurar as bandeiras galegas en fenestras e balcóns e desexa "un Feliz 25 de xullo co corazón e a razón pensando na terra, nos símbolos, nos nosos elementos de identidade, mais tamén coa ollada posta nun futuro de xustiza, progreso e prosperidade para o noso país".
15-07-2022

Boletín informativo do Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene

O Servizo de Orientación laboral do Concello de Fene achega un novo Boletín Informativo onde  se recollen ofertas dos ámbitos formativo-ocupacionais, accesibles a usuarios/as do concello de Fene. 
 
14-07-2022

Anuncio cobranza SAF xuño 2022 (básico e dependencia)

Anuncio aprobación dos padróns fiscais correspondentes ao mes de xuño do 2022 de SAF, a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar.
04-07-2022

Bando informativo_Ciclo Xullo, mes da Patria

23-06-2022

Boletín informativo do Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene

20-06-2022

Aprobación padróns fiscais correspondentes ao mes de maio do 2022 de SAF a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar

14-06-2022

Anuncio da exposición pública da matrícula do IAE - Exercicio 2022

14-06-2022

Regulamento municipal polo que se regula a modalidade de prestación de servizos en réxime de teletraballo do Concello de Fene

09-06-2022

Dispositivo estacionamento e Circulación por mor da Fashion Night 11 de xuño

07-06-2022

Boletín informativo do Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene

O Servizo de Orientación laboral do Concello de Fene achega un novo Boletín Informativo onde  se recollen ofertas dos ámbitos formativo-ocupacionais, accesibles a usuarios/as do concello de Fene.