30-06-2022

III Mostra do alumnado do Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity

Trátase dunha exposición interdisciplinar que, partindo de doce proxectos, transcorre pola escultura, a performance, a instalación, o debuxo e máis a pintura “para dar a coñecer ao espectador o Concello de Fene”. A exposición amosarase na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene até finais do mes de agosto, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas. Sábados, domingos e festivos, a instalacion permanecerá pechada.

17-08-2022

Rostros da Memoria. Ferrol 1972

Praza do 10 de Marzo, en San Valentín. Exposición "Rostos da Memoria. Ferrol 1972", un proxecto fotográfico e artístico de Xurxo Lobato en homenaxe ás persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras na cidade de Ferrol do ano 1972.

24-08-2022

Inscricións taller de defensa persoal autoconfianza e empoderamento

Ata o 14 de setembro presencialmente no Departamento de Servizos Sociais no enderezo abaixo indicado ou en calquera dos teléfonos 981.492.706 / 981 342607