04-03-2019

XXIII edición do concurso de humor gráfico “Curuxa do Humor”

Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Curuxas, poden enviar os seus debuxos ó Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene, A Coruña) ou por calquera outra forma establecida no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común. Iso sí, ata o 31 de maio ás 23,59 horas.

02-05-2019

Inscrición campamento deportivo Deputación A Coruña

O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de maio no Departamento de Deportes do Concello de Fene na Avenida de Naturais, 44, entrechán-dereita

03-05-2019

Exposición de pintura de Carmen Prado

Na sala de exposicións da Casa da Cultura de Fene, de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas.

04-05-2019

III Torneo de Ximnasia Artística Concello de Fene

No Pavillón Municipal de San Valentín. O sábado 4 terá lugar o torneo na categoría base e vía olímpica, entre as 9,15 e as 13,30 horas e de 15,30 a 19,30 horas, coa participación de 161 deportistas. Así mesmo, o domingo 5 celebrarase a categoría escolar, de 9 a 13 horas e 124 participantes.