06-04-2020

Queda na casa

Dende a Mancomunidade solicítase á poboación a máxima colaboración no cumprimento das medidas do estado de alarma, facendo especial fincapé en evitar desprazamentos a segundas residencias.

07-04-2020

#Fenequedanacasa busca "Peque-humoristas en acción!"

Actividade dirixida aos máis pequenos da casa aos que se pide que realicen un traballo de tipo humorístico (debuxo, audio ou vídeo) que os divirta e que, á vez, poida axudar a facer rir aos demais nestes tempos de confinamento.

22-04-2020

Doa sangue

Unidade móbil o mércores, 22 de abril de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas diante do centro de saúde