15-02-2022

Presentación de debuxos para o XXVI Concurso de Humor Gráfico "Curuxa do Humor"

Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Curuxas, poderán enviar os seus debuxos até as 23.59 h. do vindeiro 31 de maio de 2022 ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n, 15500 Fene, A Coruña). As obras, de temática libre, deberán ser de creación propia e inéditas: humor gráfico nas súas modalidades de texto ilustrado, viñeta, cómic (máximo 1 páxina) e/ou caricatura. Bases publicadas na web do Museo do Humor de Fene

22-02-2022

Plan Municipal para a implementación dos ODS

22 de febreiro, encontro con representación do tecido social, educativo, cultural e veciñal; persoal técnico e persoal político.