Na Casa da Cultura, un xoves ao mes e sempre ás 19:30 con entrada gratuíta. Ciclo organizado pola Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene. Coordina a mestra Violeta Miraz Seco.
Inscricións ata o 23 de marzo por correo electrónico a cultura.deportes@fene.gal ou no teléfono 981 340 366, indicando nome, apelidos e número de teléfono de contacto.