07-06-2020

Atención presencial con cita previa

A atención presencial nas dependencias municipais ofrecerase, con carácter xeral, entre as 9.30 e as 14.00h., dándolle prioridade ás persoas maiores de 60 anos no horario comprendido entre as 9.30 e as 11.00h. Ademais, as empresas provedoras de subministros deberán cinguirse ao horario de 8 a 9.00h. e cumprir con estrictas pautas de seguridade para entregar as mercadorías. Información cita previa aquí

15-07-2020

Apertura da Oficina Municipal de Turismo

O servizo estará operativo dende o 15 de xullo até finais do mes de setembro, no seu horario habitual: de 8.30 a 14.00h. polas mañás e de 15.30 a 17.30h. polas tardes, de luns a venres.