Convocatorias

12-06-2017 -

Lista Auxiliares axuda no Fogar

Publicado o decreto 623 do 12/06/2017 polo que se aproba a lista de aspirantes a auxiliar de axuda no fogar, conforme á proposta do tribunal cualificador feita na acta do 09.06.2017
09-06-2017 -

Anuncio do proceso selectivo auxiliar de axuda no fogar

Publicado o anuncio do 09.06.2017 do tribunal do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a auxiliar de axuda no fogar.
05-06-2017 -

Obradoiro de autodefensa persoal para mulleres

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Muncipal de Atención á Muller, dentro da Campaña de Sensibilización contra a Violencia de Xénero "QUEN DIXO MEDO" da Deputación Provincial de A Coruña, organiza un OBRADOIRO DE AUTODEFENSA dirixido a mulleres de Fene a partir dos 16 anos.  
05-06-2017 -

Proba de aptitude física condutor vehículo motobomba

Publicada a resolución de alcaldía 607 relativa a convocatoria para proba física das persoas aspirantes a condutor motobomba para o mércores 14.06.2017 no Pavillón polideportivo da Xunqueira, situado na avda. do Mar s/n – Fene ás 11.30 horas.
05-06-2017 -

Proba de aptitude física brigadistas de incendios

Publicada a resolución da alcaldía do 2 de xuño de 2017, polo que se convoca as persoas aspirantes relacionadas á realización proba de aptitude física proba do banco que terá lugar o mércores 14.06.2017 no Pavillón polideportivo da Xunqueira, situado na Avda. do Mar s/n – Fene ás 11.30 horas.
02-06-2017 -

Preinscrición nos campamentos deportivos de verán da Deputación Provincial

O Concello de Fene conta con 5 prazas no programa “Campamentos Deportivos de Verán 2017” da Deputación da Coruña que este ano se realizará nas instalacións do Centro Residencial Docente da Coruña, no concello de Culleredo (rúa Salvador Allende, 13). O campamento está destinado a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos (cumpridos no presente 2017).
01-06-2017 -

Bautismos de mergullo para adultos e nenos/as.

Aberto o prazo para inscribirse nos bautismos de mergullo que organiza a concellería de Deportes de Fene, coa colaboración do Club de Actividades Subacuáticas Nautilus. As persoas que queiran anotarse poderán facelo no pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín) en horario, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, e os mércores tamén en horario de tarde, de 16.30 a 19.00 horas.
01-06-2017 -

Inscricións Verán máis alá 2017

Baixo o lema “Ímonos de viaxe!” volve un ano máis o programa de conciliación da vida laboral familiar “Verán máis alá”, dirixido ao alumnado escolarizado en educación infantil e primaria nado entre os anos 2005 e 2013 (idades de referencia, de 3 a 12 anos).
31-05-2017 -

Anuncio do acordo no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a auxiliar de axuda no fogar

Publicado o acordo do 31.05.2017 do tribunal do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a auxiliar de axuda no fogar.
29-05-2017 -

Acta da comisión avaliadora do proceso selectivo para a creación lista aspitantes bibliotecaria/o, axudante de arquivo

Publicada a acta do 24 de maio de 2017 relativa ao proceso selectivo para a creación lista aspitantes bibliotecaria/o, axudante de  arquivo. A acta elevarase á alcaldía para que dite a resolución de aprobación de aspirantes.