Convocatorias

05-08-2022 -

Nomeamento de funcionaria interina departamento de Secretaría

Nomeamento de funcionaria interina por exceso ou acumulación de tarefas para o departamento de Secretaría durante un período de tres meses, prorrogables segundo as necesidades do departamento ata o máximo legal permitido.
05-08-2022 -

Cobertura temporal posto Responsable da Unidade de Vías e Obras mediante comisión de servizos

Anuncio convocatoria provisión do posto de Responsable da Unidade de Vías e Obras, do Departamento de Obras e Servizos Básicos, mediante a súa cobertura en comisión de servizos por un/unha funcionario/a de carreira en activo do Concello de Fene pertencente á Escala de Administración Xeral ou Especial, e ao grupo de clasificación C2, ao abeiro do art. 96 da LEPGA, mentres non se proceda á provisión definitiva do posto.
04-08-2022 -

Anuncio acta número 6 do tribunal de selección prazas de administrativo/a OEP 2018 e 2020

Anuncio acta núm. 6, do 03.08.2022, do tribunal de selección do proceso selectivo para a cobertura, mediante persoal funcionario de carreira, de dúas prazas de administrativo/a, que figuran como vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2018 e 2020. Revisión de alegación, correccións da segunda proba da fase de oposición (test) e convocatoria para as persoas que superaron a segunda proba (puntuación ≥ 5) á realización da terceira proba da fase de oposición no pavillón polideportivo de San Valentín o día 05.09.2022 ás 11.00 h.
02-08-2022 -

Anuncio valoración do segundo exercizo oposición proceso selectivo oficial/a albanel OEP 2018

Anuncio valoración do segundo exercizo da fase de oposición do proceso selectivo para a cobertura, mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de oficial/la albanel que figura como vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene, incluída na oferta de emprego público do ano 2018.
01-08-2022 -

Lista provisional persoas admitidas no proceso selectivo arquitecto/a técnico/a (OEP 2019)

Anuncio BOP núm. 143 do venres 29 de xullo, lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, dunha praza vacante de arquitecto/a técnico/a (OEP 2019)
29-07-2022 -

Resultado da proba de galego e anuncio do segundo exercicio proceso selectivo conserxe OEP 2019

Acta número 5 do tribunal de selección do proceso selectivo para a cobertura, mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de conserxe incluída na OEP 2019 . Resultado da proba obrigatoria de galego e anuncio da previsible convocatoria do segundo exercicio do proceso selectivo durante a primeira quincena do mes de setembro, ao ter sido declarado inhábil o mes de agosto.
29-07-2022 -

Resultado da proba de galego e anuncio do segundo exercicio proceso selectivo peón de limpeza OEP 2017

Acta número 5 do tribunal de selección do proceso selectivo para a cobertura, mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de peón de servizo de limpeza incluída na OEP 2017. Resultado da proba obrigatoria de galego e anuncio da previsible convocatoria do segundo exercicio do proceso selectivo durante a primeira quincena do mes de setembro, ao ter sido declarado inhábil o mes de agosto.
28-07-2022 -

Rectificación da lista provisional admitidos/as e excluídos/as praza peón/a recollida do lixo

Anuncio BOP núm 141 do mércores 27 de xullo de 2022, rectificación da lista provisional de aspirantes admitidos/as e exluídos/as no proceso selectivo para a cobertura dunha vacante de peón/ peoa de recollida de lixo mediante concurso-oposición (OEP 2019)
26-07-2022 -

Anuncio BOE convocatoria prazas Auxiliar Administrativo mediante o sistema de oposición quenda libre

Anuncio BOE núm. 177 do luns 25 de jullo. Convocatoria para proveer tres prazas de Auxiliar Administrativo/a, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación no «Boletín Oficial do Estado».
26-07-2022 -

Anuncio BOE praza de arquitecto/a técnico promoción interna OEP 2019

Anuncio BOE núm. 177 do luns 25 de xullo. Convocatoria para proveer unha praza de Arquitecto/a Técnico/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación no «Boletín Oficial do Estado».