Presentación da Aula do Mar itinerante de Fene e da Guía de artes e especies

A Confraría de Pescadores de Barallobre albergará o vindeiro luns, 24 de setembro, o acto de presentación da “Aula do Mar itinerante” e da “Guía de artes e especies“, proxecto incluído no marco do programa Fene Mar Vivo, Vén a Fene que impulsa a Concellería de Promoción Turística que dirixe Juan José Franco.


No acto, que comezará ás 10 horas e presidirá o alcalde, Gumersindo Galego, tomarán parte preto de medio centenar de alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe O Ramo, que recibirán o manual, co que se busca familiarizar ós máis pequenos de Fene coas especies e artes pesqueiras. Así mesmo, traballadores da confraría guiarán ós estudantes polas súas instalacións, explicándolles a actividade que alí se realiza.


Editada en tres idiomas, a guía tamén se convertirá nun recurso turístico de primeiro orde para o municipio e estará a disposición de veciños e visitantes na Oficina Municipal de Turismo.


Así mesmo, dende o Concello avánzase que a partir do mes de novembro programaranse novas visitas escolares, co obxectivo de que o alumnado de todos os centros educativos do municipio participen da actividade da Aula do Mar.