Actuación de Aldaolado no "Novembro, mes do humor"

Aldaolado presenta en Fene o seu espectáculo "Cría fama e bótate a correr"

Lucía Aldao e María Lado compoñen o dúo Aldaolado, co que levan máis de dez anos achegando a poesía de maneira diferente a espectadores de todo o país. Os seus recitais son auténticos espectáculos que unen a lectura de poemas propios, humor e música en directo, con moita frescura e unha importante participación do público. Son a comunión perfecta entre emoción e risa, e con eles estiveron presentes en festivais, festas, centros de ensino, concellos, teatros, bares e todo tipo de escenarios e eventos.