O Xigante, de Elefante Elegante.

O Xigante, de Elefante Elegante.

Hai moito, moito tempo, nun reino distante, un home decidiu facer unha viaxe. Camiñou e camiñou... ata que atopou un xardín marabilloso e alí decidiu quedarse. Pero certo día apareceu un Xigante que quería o xardín só para él. O home seguiu a súa viaxe en busca doutro lugar... E camiñou e camiñou ata que atopou unha árbore moi especial. Das súas polas nacían libros, moitos libros!! Celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil.

  • Horario: 18:00h
  • Lugar: Biblioteca Municipal Xosé Luis Pérez Pallaré
  • Nenos e nenas: 3 a 8 anos

Actividade enmarcada no programa Ler Conta Moito 2017 da Xunta de Galicia