15-06-2022

Clausura do programa Tardes Compartidas nas sociedades de Fene

Coincidindo coa fin do curso escolar, a Concellería de Benestar Social e Igualdade pecha estes días en distintas entidades veciñais e culturais do concello unha nova edición das "Tardes Compartidas", programa no que se incluíron dous obradoiros encamiñados a acadar un envellecemento activo. Dende principios do pasado mes de novembro, a AVV Limodre e o CPS de San Valentín acolleron o obradoiro "+ memoria" co obxectivo de "previr o deterioro cognitivo a través de exercicios eminentemente prácticos, favorecendo a autonomía persoal". Pola súa parte, na SCRD Agarimo, na Liga de Amigos de Barallobre, no CCRD Perlío e na AVV San Xurxo de Magalofes desenvolveuse a actividade "Recordando o noso" na que se traballaron "as diferentes funcións cognitivas dende unha perspectiva máis dinámica, aportando vivencias. O obxectivo principal era facer unha recuperación da historia da parroquia ou outras temáticas que elixiron as persoas participantes en cada grupo"
25-05-2022

Coidados porta a porta

A unidade móbil de Coiados porta a porta xa está en Fene, fronte o pavillón municipal de San Valentín, preparada para ofrecer consultas básicas en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Os días 25, 26, 27 e 30 de maio atenderán totalmente de balde entre as 9:00h e as 20:00h. Todas aquelas persoas de 55 anos en diante que queiran acudir ás revisións dos pés, o oído e a memoria, poden solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
20-05-2022

O Concello de Fene en colaboración ca Asociación ASCM chama á solidaridade para combater a soidade

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene ven de presentar, o programa de acompañamento telefónico “Fora Soidade”, que xurdíu en plena pandemia e que neste momento quere adaptarse as novas demandas xurdidas de acompañamento presencial denominado “Acompañando”.

Este novo programa de acompañamiento pretende fomentar o voluntariado entre a veciñanza do Concello de Fene que dispoñan de tempo para compartir cos demáis e sentirse útil axudando a outras persoas dende una perspectiva interxeneracional e inclusiva, de forma que tamén animase as persoas que vivan soas a facerse voluntarias.
13-05-2022

O papel da familia na prevención de condutas adictivas

O centro Municipal de Servizos Sociais do Concello de Fene acollerá o vindeiro 25 de maio e 1 de xuño sesións informativas sobre o papel da da familia na prevención de condutas adictivas.

Actuación encamiñada a mellorar a información sobre as adiccións, de maneira precisa e axeitada debido a baixa percepción do risco que existe na cidadanía sobre o consumo de substancias e comportamentos aditivos, de aí que adquira sentido informar para axudar a entender as características xerais do fenómeno que nos ocupa, as súas implicacións na sociedade e a desterrar prexuízos, así como a establecer un maior coñecemento nesta materia.
11-05-2022

O servizo "Coidados porta a porta" ofrecerá a finais de mes revisións gratuítas de podoloxía, audición e memoria

A Consellaría de Política Social ten en marcha desde o pasado mes de marzo o programa de Coidados porta a porta, consistente no despregamento polo rural galego de 8 unidades móbiles preparadas para ofrecer consultas básicas en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Dentro do seu calendario, unha destas unidades -que son algo así como unha pequena clínica sobre rodas- estará no paseo de San Valentín os días 25, 26, 27 e 30 de maio atendendo totalmente de balde entre as 9:00h e as 20:00h. Todas aquelas persoas  de 55 anos en diante que queiran acudir ás revisións dos pés, o oído e a memoria, poden solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
02-05-2022

Vacacións en paz 2022

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, leva a cabo o proxecto VACACIÓNS EN PAZ, ca Asociación Solidaridade co Pobo Saharaui. O Concello de Fene colabora neste proxecto sufragando os gastos derivados das viaxes dos nenos e nenas que sexan acollidos por familias deste Concello.

Este programa trata de ser un marco de solidariadade e axuda desinteresada aos nenos e nenas saharauis e para proporcionarlles unha estancia agradable e humanamente rica en Fene, sumando a colaboración das familias que queiran facer esta acollida.

A vida destes nenos e nenas, nados no exilio, transcorre nas mesmas circunstancias como o resto da poboación saharaui, privada do máis elemental, e sobrevive dificilmente grazas á axuda internacional.
Dende o punto de vista afectivo, España representa algo especial para as persoas saharauis polos lazos históricos, culturais e humanos. De feito, as persoas saharauis pertencen á comunidade de hispano-falantes e aínda conservan con esmero o español como segundo idioma.
27-04-2022

Remata o prazo de inscrición para o curso de “Mediadores/as sociais en prevención”

No marco do proxecto de prevención de condutas aditivas, o Concello de Fene e a agrupación de Concellos de Mugardos e Neda organizan un curso de “Mediadores/as sociais en prevención”, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Terá lugar na Casa da Cultura de Fene entre os meses de maio e xuño (os luns 2, 9, 23 e 30 de maio, e 6, 13 e 20 de xuño), en horario de 18.00 a 20.00 horas. As sesións serán impartidas por persoal técnico de ASFEDRO e as prazas (ata un máximo de 15) cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para asistir cómpre entregar o boletín de inscrición no Centro Municipal de Servizos Sociais ou envialo por correo electrónico a servizos.sociais@fene.gal. O prazo finaliza mañá xoves 28 de abril.
20-04-2022

Abre o prazo de inscrición para o curso de “Mediadores/as sociais en prevención”

No marco do proxecto de prevención de condutas aditivas, o Concello de Fene e a agrupación de Concellos de Mugardos e Neda organizan un curso de “Mediadores/as sociais en prevención”, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Terá lugar na Casa da Cultura de Fene entre os meses de maio e xuño (os luns 2, 9, 23 e 30 de maio, e 6, 13 e 20 de xuño), en horario de 18.00 a 20.00 horas. As sesións serán impartidas por persoal técnico de ASFEDRO e as prazas (ata un máximo de 15) cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para asistir cómpre entregar o boletín de inscrición no Centro Municipal de Servizos Sociais ou envialo por correo electrónico a servizos.sociais@fene.gal. O prazo finaliza o vindeiro 28 de abril.
13-04-2022

Nova edición do espazo de encontro entre mulleres, INDIRA

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha o vindeiro 21 de abril o Proxecto Indira V, espazo de encontro entre mulleres. Dita actividade vai dirixida a mulleres que queiran mellorar a súa autoestima, coñecerse, respectarse, crecer persoalmente, potenciar o seu autocoidado a nivel emocional e psicolóxico e, sobre todo, empoderarse.
 
08-04-2022

O Concello de Fene reafirma o seu compromiso co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no seu 25º aniversario

Os proxectos de cooperación internacional, a “localización” da Axenda 2030 e a loita contra o cambio climático centran o Plan de Actividades 2022 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que conmemora este ano o seu 25º aniversario. Representantes das deputacións e concellos socios, entre eles o de Fene, aprobaron por unanimidade todos os puntos da orde do día na Asemblea Xeral celebrada este xoves na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coincidindo co Día Mundial da Saúde.