16-06-2020

Con motivo do 28 de xuño, Día das Diversidades Sexuais, a Deputación da Coruña organiza o concurso "Balcóns da Diversidade"

Como vimos informando o Concello de Fene adhírese un ano máis á Campaña “LIBERDADE DE SER E SENTIR!”, campaña de sensibilización impulsada pola área de Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 28 de xuño “día da diversidade sexual”.

E entre as actividades programadas, está o Concurso "Balcóns da Diversiade"
16-06-2020

Que a memoria non pare

O departamento  Servizos sociais do Concello de Fene segue a traballar nas "Tardes activas dende a casa". Proposta para dinamizar  e estimular dende a casa, a toda a poboación maior de 55 anos .
Nesta entrega  do 15 de xuño propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse dende a casa. Participa!
Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e  participade!
As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.
16-06-2020

16 de xuño, Día da atención temperá

O Concello de Fene súmase e comparte, neste 16 de xuño Día da atención temperá, ao manifesto da  Asociación Galega de Atención Temperá .
12-06-2020

Liberdade de ser e sentir, 28 de xuño, Día Mundial da Diversidade Sexual

O Concello de Fene, dende a Concellería de Benestar e Igualdade, adhírese un ano máis á Campaña “LIBERDADE DE SER E SENTIR!”, campaña de sensibilización impulsada pola área de Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 28 de xuño “día da diversidade sexual”:

Dende a área de Igualdade do Concello de Fene apóstase, desde hai anos, por visibilizar a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero co fin de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais e xerar unha sociedade máis tolerante e igualitaria.

O Concello de Fene colocará a bandeira cos cores da arco da vella na fachada da casa consistorial e invita a toda a veciñanza a facer o mesmo, lucíndoa dende as súas fenestras.

Este ano hai organizadas unhas serie de actividades que se van desenvolver dun xeito diferente por mor, loxicamente, da situación sanitaria que estamos a vivir. Todas as actividades que se leven a cabo serán en formato dixital, as cales están ao dispor de toda a poboación interesada do 8 ao 28 de xuño na web seresentir.gal.
09-06-2020

Tardes activas dende a casa

O departamento  Servizos sociais do Concello de Fene segue a traballar nas "Tardes activas dende a casa". Proposta para dinamizar  e estimular dende a casa, a toda a poboación maior de 55 anos .

Nesta décima entrega  propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse dende a casa. Participa!

Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e  participade!
As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.

Para rematar, os servizos sociais municipais quere que vos lembredes que ante calquera necesidade asistencial urxente -alimentos, medicamentos, produtos básicos- podedes contactar có Centro Municipal de Servizos Sociais -981 492 706 / 981 342 607 / 607 616 840- ou enviar un correo a servizos.sociais@fene.gal, tamén estamos ao voso servizo no  Concello no 981 492 707 -luns a venres en horario de mañá- ou ben na Policía Local -981 492 777- ou na agrupación de Protección Civil -663 379 073- quenes atenderán as peticións durante todos os días da semana entre as 7.30 e as 21.30h.
05-06-2020

Tardes activas dende a casa

O departamento  Servizos sociais do Concello de Fene segue a traballar nas "Tardes activas dende a casa". Proposta para dinamizar  e estimular dende a casa, a toda a poboación maior de 55 anos .

Nesta novena entrega  propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse dende a casa. Participa!

Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e  participade!

As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.

Para rematar, os servizos sociais municipais quere que vos lembredes que ante calquera necesidade asistencial urxente -alimentos, medicamentos, produtos básicos- podedes contactar có Centro Municipal de Servizos Sociais -981 492 706 / 981 342 607 / 607 616 840- ou enviar un correo a servizos.sociais@fene.gal, tamén estamos ao voso servizo no  Concello no 981 492 707 -luns a venres en horario de mañá- ou ben na Policía Local -981 492 777- ou na agrupación de Protección Civil -663 379 073- quenes atenderán as peticións durante todos os días da semana entre as 7.30 e as 21.30h.
 
01-06-2020

Oitava entrega de tardes activas dende a casa

O departamento  Servizos sociais do Concello de Fene segue a traballar nas "Tardes activas dende a casa". Proposta para dinamizar  e estimular dende a casa, a toda a poboación maior de 55 anos .

Nesta oitava entrega  propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse dende a casa. Participa!
Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e  participade!

As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.

Para rematar, os servizos sociais municipais quere que vos lembredes que ante calquera necesidade asistencial urxente -alimentos, medicamentos, produtos básicos- podedes contactar có Centro Municipal de Servizos Sociais -981 492 706 / 981 342 607 / 607 616 840- ou enviar un correo a servizos.sociais@fene.gal, tamén estamos ao voso servizo no  Concello no 981 492 707 -luns a venres en horario de mañá- ou ben na Policía Local -981 492 777- ou na agrupación de Protección Civil -663 379 073- quenes atenderán as peticións durante todos os días da semana entre as 7.30 e as 21.30h.
 
28-05-2020

Servizos Sociais achégalle alimentos e produtos básicos a 44 familias en situación de vulnerabilidade

A repercusión social da COVID-19 provocou no caso de Fene un incremento nas solicitudes de asistencia aos Servizos Sociais municipais para a cobertura das necesidades máis básicas. Se antes da crise sanitaria se atendía unha media de 20 familias nunha situación de vulnerabilidade socioeconómica, agora o número achégase ás 50, a quen o Concello lles achega vales semanais para a adquisición de produtos frescos ao tempo que se lles entregan lotes doutros non perecedoiros. Ao dispositivo de emerxencia posto en marcha  xa desde os inicios do Estado de Alarma agora sumouse a Asociación Dignidad, quen se encarga da loxística e da distribución da axuda tralo estudo de cada caso por parte das traballadoras sociais municipais. A declaración do Estado de Alarma en todo o país produciuse poucas semanas despois de que a Xunta prohibise por razóns sanitarias a actividade da Fundación Amigos de Galicia, quen colaboraba co Concello de Fene na atención das necesidades básicas das familias con menos recursos. A crise obrigou ao Concello a asumir en solitario a asistencia de todos eses casos, contando nos momentos máis duros do confinamento cunha implicación total do persoal de Servizos Sociais, do Servizo de Axuda no Fogar e tamén da agrupación de voluntarias e voluntarios de Protección Civil. En circunstancias normais o Concello de Fene viña prestándolle axuda a entre 18 e 20 familias que, a raíz da nova situación, foron subindo en número pouco a pouco ata chegar nestes momentos a unha media que varía entre as 40 e 50. De feito, a semana pasada foron 44 os núcleos que dispuxeron de asistencia municipal coa colaboración da Asociación Dignidad, con quen o consistorio acaba de suscribir un convenio neste sentido.  A través de Dignidad -e tras un estudo previo por parte das traballadoras sociais municipais- ás familias entrégaselles un vale semanal para a adquisición de alimentos ou outros produtos básicos. A contía parte de 20€ e vaise incrementando de cinco en cinco euros por cada membro da unidade.  Aínda que as familias poden administrar os vales de acordo co que precisen mercar en cada momento, desde o Concello recoméndaselles que os utilicen para produtos frescos, posto que a Asociación Dignidad tamén lles entrega a maiores lotes de produtos non perecedoiros ou cun longo período de caducidade, como por exemplo pasta, legumes, patacas, aceite, leite, ovos, cacao, galletas, etc. As bolsas levan produto variado e adaptado ás necesidades de cada familia, que logo complementa a compra con carne, peixe, friames, iogures, verdura e outros alimentos ou artigos de primeira necesidade adquiridos co vale canxeable no supermercado Gadis. Por outra banda, o Concello de Fene tamén recibiu unha doazón da Asociación Airiños de Fene que se dedicou especificamente á merca de cueiros e comida infantil. O acordo suscrito coa Asociación Dignidad ten unha duración de tres meses e unha contía de 16.000 euros. O Concello pretende con este acordo garantir unha cobertura inmediata das necesidades de aquelas persoas e núcleos familiares que se encontran nunha situación  máis vulnerable. Tan pronto como a situación se normalice, o consistorio valorará a continuidade do convenio, a súa adaptación ás novas circunstancias ou ben a procura doutras fórmulas que respondan á realidade social posterior á crise sanitaria.
21-05-2020

Servizos Sociais facilítalle a conexión a internet a 12 alumnos de Educación Primaria

O Concello de Fene vén colaborando cos centros de ensino do municipio desde o inicio da crise sanitaria, que supuxo a suspensión das clases presenciais e a impartición das materias a distancia. Neste sentido, desde a área de Servizos Sociais púxose en marcha un programa de impresión e reparto domiciliario de tarefas e, ademais, tamén se lle achegou equipamento para a conexión a internet a  8 familias en situación de vulnerabilidade. Trátase de encamiñadores 4G cun tráfico mensual de 50 GB cedidos ás familias por un período de dous meses que xa están sendo utilizados por 12 nenas e nenos de Educación Primaria.

 A Educación Infantil e Primaria quedou fóra das axudas para conectividade e dispositivos da Consellaría de Educación, ás que só puido acollerse o alumnado de secundaria, bacharelato e Formación Profesional. Por este motivo, e en colaboración cos centros de educativos, o departamento de Servizos Sociais identificou o caso de alomenos oito familias con dificultade para que os seus pequenos puidesen seguir as clases virtuais, ben por carecer de conexión á internet ou por non dispoñer dunha capacidade de datos suficiente. 

A solución adoptada foi a de contratar con Vodafone encamiñadores 4G de alta velocidade e un tráfico mensual de 50 GB, máis que suficiente para as necesidades de formación a distancia e as consultas que a rapazada deba facer para estudar ou completar traballos.  

Os dispositivos están cedidos ás familias de forma gratuíta durante un período de dous meses, en previsión de que a actividade lectiva nas aulas dos ciclos inferiores xa non se vaia retomar alomenos até setembro. Os centros de ensino, pola súa banda, proporcionaron os ordenadores naqueles casos en que tamén faltase ese equipamento. 
O Concello de Fene axuda desta maneira a reducir a denominada "fenda dixital", aínda máis acusada por mor da pandemia no caso de familias en situación de vulnerabilidade con rapazada en idade escolar. Desde os primeiros días trala declaración do Estado de Alarma o consistorio tamén coordinou co profesorado dos colexios a impresión, clasificación e distribución de apuntamentos e follas de exercicios para o alumnado con menos recursos. 
20-05-2020

Sétima entrega de tardes activas dende a casa

O departamento  Servizos sociais do Concello de Fene segue a traballar nas "Tardes activas dende a casa". Proposta para dinamizar  e estimular dende a casa, a toda a poboación maior de 55 anos .

Nesta sétima entrega  propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse dende a casa.