O Concello de Fene, xunto ós de Mugardos e Neda, promove un Curso de Mediadores/as sociais no marco do proxecto conxunto de prevención de condutas aditivas que subvenciona a Consellería de Sanidade. No caso de Fene, a acción formativa desenvolverase na Casa da Cultura os mércores 17, 24 e 31 de outubro así como os días 7, 14, 21 e 28 de novembro, de 18 a 20 horas.