Infórmate e presenta a túa solicitude ata o 17 de novembro, nos servizos sociaiscomunitarios dos concellos, nos servizos sociais de atención primaria de saúde, nos centros sociocomunitarios dependentes da Consellería de Política Social e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social
Será o venres na Aula de Formación da Avenida Naturais de Fene 44 pola mañá e aínda quedan algunhas prazas libres. Para anotarse nesta acción formativa hai que contactar co Concello a través do correo servizos.sociais@fene.gal ou do teléfono 981 342 607.
Un total de 173 mulleres representarán a Asociación Por + Vida e ao Concello de Fene o vindeiro domingo 17 de setembro na 5ª Edición da Carreira Solidaria da Muller de A Coruña.
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade colabora por 4º ano consecutivo coa Asociación Por + Vida na organización, difusión e traslado de participantes.
Os concellos solicitaron unha reunión urxente coa Xerencia do SERGAS en Ferrol para que se manteña o reforzo sanitario no PAC de Fene durante os domingos e festivos do verán.