O Concello ven de convocar as subvencións dirixidas ás familias para a adquisición de agasallos para a festividade de Nadal.
A publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia do 31 de outubro establece a apertura do prazo de presentación de solicitudes por un prazo de 15 días hábiles. Isto é, do 2 ao 22 de novembro, ambos inclusive.
Van dirixidas ás familias con nenos e nenas nados/as haxan nados/as no ano 2005 e posteriores, ou maiores desta idade e nados/as no ano 2004 e posteriores sempre que teñan o recoñecemento oficial de minusvalía ou grao de discapacidade.
Coas subvencións cubriranse os gastos derivados da adquisición de agasallos para a festividade de Nadal, a saber: xoguetes, xogos, libros, material didáctico e outros obsequios que correspondan coa idade do ou da menor a quen vai dirixida a axuda, sempre que estes sexan adquiridos no período comprendido entre o día de apertura da presente convocatoria e o día 6 de xaneiro de 2023.
Con carácter xeral poderase xustificar a subvención con gasto relativo á adquisición de roupa, calzado ou material deportivo sempre que o importe total do gasto realizado non supere o 75% da axuda concedida.