A Concellería de Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha un novo Espazo para Mulleres enmarcado dentro do denominado Proxecto INDIRA, actividade que se ven desenvolvendo dende o ano 2018 de xeito ininterrompido cun total de dúas edicións por ano.
“Proxecto INDIRA” trátase dun espazo onde as mulleres podan experimentar, coñecerse, crecer xuntas, relaxarse e gozar. É unha proposta activa e mobilizadora da condición feminina, co obxectivo de apoiar unha transformación real na vida das mulleres, pola súa propia saúde individual e familiar.