O Centro de Servizos Sociais de Fene acolleu este mércores a primeira sesión dunha nova edición do Programa INDIRA coa participación dun total de 14 mulleres "interesadas en traballar coas súas debilidades e desenvolver as súas fortalezas persoais". O proxecto está guiado por dúas psicoterapeutas con ampla formación e experiencia en igualdade, sexualidade, educación emocional, técnicas de relaxación e atención plena, traballo corporal, autocoñecemento e terapia do reencontro, entre outras.