28-08-2019

O 6 de setembro remata o prazo de inscrición para participar coa Asociación Por + Vida na Carreira Solidaria da Muller

A Concellería de Igualdade colabora por 6º ano consecutivo coa Asociación Oncohematolóxica Por+Vida na organización, difusión e traslado de participantes á 7ª Edición da Carreira Solidaria da Muller en A Coruña.
28-06-2019

Clausura do Obradoiro de Recuperación da Memoria organizado polo Concello de Fene

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, celebrou onte á tarde o acto de clausura do obradoiro de recuperación da memoria incluído no programa de Envellecemento Activo. Un taller enfocado á prevención de patoloxías asociadas a idade ou a enfermidades ou accidentes.
27-06-2019

O Concello de Fene súmase á campaña “Liberdade de ser e sentir!” con motivo do 28 de xuño, día da diversidade sexual

O Concello de Fene súmase á campaña “Liberdade de ser e sentir!” que impulsa a Deputación provincial da Coruña con motivo do 28 de xuño “día da diversidade sexual”. Unha campaña para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. No marco da mesma, o Concello agasallará á veciñanza con camisetas conmemorativas e chapas –ata esgotar existencias-. Será mañá venres, 28 de xuño, entre as 10 e as 14 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais.
19-06-2019

Un total de 679 alumnos e alumnas dos centros educativos de Fene, Mugardos e Neda tomaron parte no programa Cinensino

Un total de 679 alumnos e alumnas de 13 centros educativos dos municipios de Fene, Mugardos e Neda participaron ao longo das últimas semanas no programa Cinensino que impulsaron os tres concellos ao abeiro do proxecto de prevención de condutas aditivas e promoción da saúde no eido local e co apoio da Consellería de Sanidade. Esta semana chegaba ao seu fin por este curso, cos últimos visionados nos centros dos filmes seleccionados (“Coco” para Educación Primaria e “Una bolsa de canicas” para Secundaria).
10-06-2019

Últimos días para apuntarse ao obradoiro “Robótica para comerse o tarro”

O Concello de Fene, xunto aos de Mugardos e Neda, reeditará a súa aposta polo obradoiro “Robótica para comerse o tarro”. Dirixido aos rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos ou estudantes de Secundaria dos tres municipios, arrancará en Fene o 15 de xuño. Así, dende o departamento municipal de Servizos Sociais apúntase que se recollerán ata mañá martes –incluído- as solicitudes de participación. Será tanto nos centros escolares como no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene ou no whatsapp 670 03 46 25.
04-06-2019

Aberta a inscrición no obradoiro “Robótica para comerse o tarro”

O Concello de Fene, xunto aos de Mugardos e Neda, reeditará a súa aposta polo obradoiro “Robótica para comerse o tarro”. Dirixido aos rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos ou estudantes de Secundaria dos tres municipios, arrancará en Fene o venres 8 de xuño. Así, ata este xoves 7 de xuño, recolleranse as solicitudes de participación tanto nos centros escolares como no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene ou no whatsapp 670 03 46 25.
29-05-2019

Aberta a inscrición nos encontros de mulleres do Proxecto INDIRA

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, poñerá en marcha do 4 de xuño ao 13 de agosto o Proxecto INDIRA, Encontros de Mulleres. Unha actividade enmarcada no Programa de Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero. Celebrarase todos os martes, de 10,30 a 12,30 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avenida do Mar, Bloque 1-Baixo).
16-05-2019

Aberta a inscrición no obradoiro “A convivencia cos fillos e fillas: modelos educativos, normas e límites”

O Concello de Fene organiza o obradoiro “A convivencia cos fillos e fillas: modelos educativos, normas e límites”. Será o vindeiro xoves 23 de maio, de 17 a 18,30 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais e, aínda que a participación é gratuíta, é preciso inscribirse previamente cumprimentando unha folla de inscrición e entregándoa antes do 21 de maio no centro de ensino, ANPA ou no propio Centro Municipal de Servizos Sociais. As prazas están limitadas a 25 e requírese un mínimo de 10 persoas anotadas.
 
28-03-2019

A Casa da Cultura acolle este venres a representación teatral “Mullerazas”

No marco dos actos deseñados para conmemorar o Día da Muller, a concelleira de Benestar Social, Juana Barro, informou esta mañá de que a Casa da Cultura de Fene acollerá mañá venres 29 de marzo a representación da obra teatral “Mullerazas”, a cargo da compañía Criando Malvas. A función dará comezo ás 18,30 horas con entrada libre e de balde e, ao seu remate, dará comezo un debate en torno á obra.
26-03-2019

O Concello de Fene organiza para as familias o obradoiro “Desenrédate! Prevención nas redes sociais”

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Juana Barro, informou esta mañá da celebración da sesión “Desenrédate! Prevención nas redes sociais" para as familias. Terá lugar o xoves 28 de marzo no CEIP O Ramo, de 16 a 17,30 horas. A actividade está aberta a toda a poboación interesada e ten carácter gratuíto. Forma parte do proxecto de prevención de condutas aditivas “Desenrédate!, incluído no programa Saúde na Escola, subvencionado pola Consellería de Sanidade e que levan a cabo conxuntamente os concellos de Fene, Mugardos e Neda.