08-11-2023

A Casa da cultura, acollerá seis xornadas adicadas á adolescencia e adiccións así como o papel das familias na prevención das adiccións

As crianzas medran, e agora que?  é a primeira das xornadas  enmarcadas no programa familiar “Máis que un teito”, subvencionado pola Consellería de Sanidade e promovidas polo concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda.
 
Será o 13 de novembro ás 18.00 h na Casa da Cultura de Fene, as persoas interesadas poderán inscribirse a través de correo electrónico ou mediante o cubrindo formulario a través do QR. 
02-11-2023

Mañá abre o prazo de solicitude de subvención ás familias para a festividade de nadal 2023-2024

A publicación hoxe do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia establece a apertura do prazo de presentación de solicitudes dende mañá  ate o 23 de novembro.

Axudas dirixidas ás familias con nenos e nenas nados no ano 2006 e posteriores, ou 2005 e posteriores cando teñan o recoñecemento oficial de discapacidade.

Coas subvencións cubriranse os gastos derivados da adquisición de agasallos para a festividade do nadal, a saber: xoguetes, xogos, libros, material didáctico e outros obsequios que correspondan coa idade do ou da menor a quen vai dirixida a axuda.
23-10-2023

Curso de Limpeza de superficies

O Concello de Fene, en base ao Convenio asinado ca Fundación Amigos de Galicia no ano 2023, vai desenvolver a través do Departamento de Benestar Social un curso denominado “Limpeza de superficies” que está enmarcado no Programa Emprende en Feminino.  Será os días 6,7,8,9,10 e 13 de novembro en horario de 09.00 h a 14.00 h na Aula do Departamento de Cultura e Deportes sita en Avda. Naturais, nº44, entresollado dereita.
06-10-2023

Inicio do programa de reforzo educativo e ocio “REFÓRZATE” 2023-24

No marco do proxecto de prevención de condutas aditivas que o Concello de Fene e a agrupación de Concellos de Mugardos e Neda están a desenvolver, esta semana botou a andar o programa REFÓRZATE, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Trátase dun programa de formación en prevención comunitaria que ten como finalidade “evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables entre o alumnado que permanece vinculado ao sistema educativo, e sempre tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero”.
04-10-2023

Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade

A Concellería de Benestar Social de Fene, coa colaboración da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR, organiza unha serie de actividades de interés social dirixidas a mulleres con discapacidade do Concello de Fene. Ao abeiro desta iniciativa encádrase o Programa ACTIVA-DAS e seu taller “CLAVES PARA O APODERAMENTO DAS MULLERES CON DISCAPACIDADE”. A actividade realizarase este mes na sala de Servizos Sociais do Concello de Fene, sita na Avda. do Mar, bloque 1, baixo, 15500 Fene; os luns 9, 16, 23 e 30 de outubro e o 6 de novembro de 2023 en horario de 10:00 a 13:00 horas.
29-09-2023

Seráns activos 2023-2024

Volven os seráns activos a Fene, talleres dirixidos a persoas maiores de 55 anos e cuxa matrícula está aberta ata cubrir prazas. Infórmate aquí, comezamos o 9 de outubro.
28-09-2023

En marcha unha nova edición do proxecto INDIRA

O Centro de Servizos Sociais de Fene acolleu este mércores a primeira sesión dunha nova edición do Programa INDIRA coa participación dun total de 14 mulleres "interesadas en traballar coas súas debilidades e desenvolver as súas fortalezas persoais". O proxecto está guiado por dúas psicoterapeutas con ampla formación e experiencia en igualdade, sexualidade, educación emocional, técnicas de relaxación e atención plena, traballo corporal, autocoñecemento e terapia do reencontro, entre outras.
04-09-2023

Curso de defensa persoal para mulleres e nenas adolescentes

A Concellería de Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha de novo DOUS CURSOS DE DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES, un dirixido a maiores de idade e outro para nenas e adolescentes a partir de 12 anos. Ambos terán unha duración de outubro 2023 a xuño de 2024, en sesións de hora e media, dous días á semana.
01-09-2023

Despedida despois dunhas Vacacións en Paz

O alcalde de Fene, Juvetino José Trigo Rey, acompañado de integrantes da corporación municipal, persoal de SOGAPS e da familia acolledora, despediron no Salón de Plenos Municipal á nena sahariana que pasou o verán cunha familia de Fene. Acollida grazas ao programa Vacacións en Paz que pon en marcha cada ano a entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
Dende o Concello, aproveitaron o acto para animar ás familias a acoller menores saharianos para o vindeiro ano.
31-08-2023

Mañá, 1 de setembro, abre o prazo de inscrición no Espazo de encontro entre mulleres

A Concellería de Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha un novo Espazo para Mulleres enmarcado dentro do denominado Proxecto INDIRA, actividade que se ven desenvolvendo dende o ano 2018 de xeito ininterrompido cun total de dúas edicións por ano.