13-11-2017

Representantes municipais celebran o vixésimo aniversario do Fondo Galego de Cooperación

Discursos e actuacións combináronse nun gran acto polos 20 anos da entidade, que desde o pasado 8 de novembro ocupa a Presidencia da Confederación de Fondos a nivel estatal
10-11-2017

O Concello de Fene busca implicar á hostalaría na prevención do abuso do alcol

Sesión dirixida a responsables de bares e restaurantes coorganizada pola área municipal de Benestar e a Fundación Alcohol y Sociedad, dentro da campaña "Ti serves, ti decides" coa que se pretende unha implicación activa da hostalaría na prevención do abuso de bebidas alcólicas e do alcolismo.
08-11-2017

A área de Benestar de Fene organiza unha xornada sobre a violencia de xénero no novo contexto dixital

A xornada desenvolverase este xoves baixo o epígrafe "Violencia de xénero dentro do novo contexto dixital", terá lugar nos centros de ensino durante a mañá e tamén cun encontro de tarde -18.30h.- aberto ás familias no Centro de Servizos sociais de San Valentín. Para asistir é necesario inscribirse antes chamando ao 981 342 697 ou ao 981 492 706.
07-11-2017

As persoas maiores póñense ao día coas novas tecnoloxías

Finaliza en Fene o curso de manexo de teléfonos móbiles intelixentes organizado pola área de Benestar e Servizos sociais
31-10-2017

Abre o prazo de solicitude do programa "Xuntos polo Nadal" dirixido a persoas maiores que vivan soas

Infórmate e presenta a túa solicitude ata o 17 de novembro, nos servizos sociaiscomunitarios dos concellos, nos servizos sociais de atención primaria de saúde, nos centros sociocomunitarios dependentes da Consellería de Política Social e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social
25-10-2017

Curso sobre móbiles intelixentes que imparte Benestar e Servizos sociais

Será o venres na Aula de Formación da Avenida Naturais de Fene 44 pola mañá e aínda quedan algunhas prazas libres. Para anotarse nesta acción formativa hai que contactar co Concello a través do correo servizos.sociais@fene.gal ou do teléfono 981 342 607.
15-09-2017

O Concello retoma este venres as Tardes activas

As actividades, que chegarán aos locais sociais das parroquias, forman parte do Programa de Envellecemento activo e participación social
15-09-2017

Éxito da convocatoria para a participación na V edición da Carreira Solidaria da Muller

Un total de 173 mulleres representarán a Asociación Por + Vida e ao Concello de Fene o vindeiro domingo 17 de setembro na 5ª Edición da Carreira Solidaria da Muller de A Coruña.
09-08-2017

Aberto o prazo de inscrición para participar na 5ª edición da Carreira Solidaria da Muller A Coruña – 17 setembro 2017

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade colabora por 4º ano consecutivo coa Asociación Por + Vida na organización, difusión e traslado de participantes.
08-08-2017

Aprobación do III Plan de Igualdade de Oportunidades para Mulleres e Homes do Concello de Fene 2017-2020

Aprobado por unanimidade na sesión ordinaria do Pleno Municipal celebrada o pasado 6 de xullo de 2017.