O Pleno Municipal celebrado o día 1 de marzo de 2018, aprobouse por maioría o Manifesto Institucional do “Día Internacional da Muller”, no que, entre outras cousas, recolle que o Concello de Fene apoia a convocatoria desta folga de mulleres prevista para o 8 de marzo de 2018 no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e no dereito a vivir sen violencias.
Do mesmo xeito, o Concello de Fene realiza un chamado a participar nas mobilizacións convocadas polo movemento feminista galego e a secundar a manifestación nacional unitaria.