A sala infantil da biblioteca Xosemaría Pérez Parallé acolle este martes o espectáculo de contos, luz e sombras “A lúa na xanela”, de Sherezade Bardají. A función comezará ás 18.00 horas e vai dirixida a nenos/as de 0 a 3 anos.
Segundo informan dende a biblioteca municipal, para asistir a esta actividade é precisa inscrición previa e, a día de hoxe, as prazas -20 bebés que poderán ir acompañados como máximo dun adulto- xa están esgotadas.
En “A lúa na xanela”, Xiana ten un segredo. Dentro dos seus paraugas “agóchase o sol, a lúa e un monstro que come tomates. Dentro da súa maleta agóchase un peixe, unha estrela e un monstro que fai cóxegas. Ti tes algún segredo na túa mochila?”