Unha cabalgata chea de luz e cor que arrancará no cruzamento de Perlío -fronte ao establecemento Aguilar- para percorrer as principais rúas do centro urbano ata chegar á praza do Concello, onde as SS.MM. escoitarán recordatorios do que ía posto nas misivas ou peticións de última hora.