Novas

04-07-2024

O Concello de Fene leva aos Cantaberneiros á Romaría do Camiñante

A tradicional Romaría do Camiñante que organiza a Liga de Amigos de Barallobre celébrase este sábado, 6 de xullo. Como complemento aos actos programados pola sociedade fenesa, a Concellería de Cultura anuncia unha actuación dos Cantaberneiros cos seus Cantos Tabernarios. A función comezará ás 13.30 horas na pista da Liga de Amigos, con entrada libre e de balde.
01-07-2024

Cunha festa infantil comeza este venres o ciclo Xullo, mes da Patria

Inchables, xogos de auga e animación son os principais atractivos da festa infantil que organiza a Concellería de Cultura de Fene para abrir o ciclo Xullo, mes da Patria. A cita será este venres, día 5, a partir das 18 horas na praza do alcalde Ramón José Souto González e Avda do Concello e ao fronte da mesma estará la Guagua. Poderán participar nenos e nenas de todas as idades e a entrada será libre e de balde. Por mor da instalación dos distintos elementos de xogo, a Policía Local informa da prohibición de aparcar na Avda do Concello este venres, desde as 15 ás 22 horas.
21-06-2024

Adrián Dopico López, Lucas Sixto Carballeira e Iván Mata Tamayo son os gañadores do XXVIII Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humo

Logo das oportunas deliberacións, na xuntanza celebrada este mediodía no Museo do Humor Xaquín Marín, o xurado do XXVIII concurso de humor gráfico Curuxa do Humor acordou outorgar a Adrián Dopico López o premio Curuxa (categoría para maiores de 25 anos), a Lucas Sixto Carballeira o premio Curuxa Nova (categoría de 16 a 25 anos) e a Iván Mata Tamayo o premio da categoría Caricatura (para maiores de 16 anos). Ademais, recibiron mención de honra no certame Ricardo Olivera Almozara (Fritz), Manuel Arriaga de León (categoría Curuxa), Eduardo Pérez Baamonde (categoría Curuxa) e Roberto Marcelo Bianchi (categoría Caricatura).
20-06-2024

O ciclo "Xullo, mes da patria” trae este ano a Fene a Caamaño&Ameixeiras e Grande Amore

Cunha festa infantil a cargo de La Guagua botará a andar o venres 5 de xullo, ás 18.00 horas, o ciclo “Xullo, mes da Patria”, organizado pola Concellería de Cultura de Fene. Nesta primeira cita, dirixida aos máis pequenos da casa, haberá inchables, xogos de auga e animación na Praza do alcalde Ramón José Souto González, escenario de boa parte das actividades. Ese mesmo día pola mañá, a partir das 10.00 horas, repartiranse na Casa da Cultura de Fene as invitacións para asistir ao espectáculo que ofrecerá o monologuista Carlos Blanco o mércores 10. Entregaranse dúas entradas por persoa adulta até completar o aforo.
18-06-2024

O sábado 22 de xuño cambia o horario da Biblioteca, Museo do Humor Xaquín Marín e Casa da Cultura de Fene

Coa chegada do verán, a Concellería de Cultura informa do cambio de horario da Casa da Cultura de Fene (Biblioteca Municipal, aula de estudo, Museo do Humor Xaquín Marín e sala de exposicións temporais) que coincidirá, como é habitual, co comezo das vacacións escolares. Así, a partir do sábado 22 de xuño e até o vindeiro 10 de setembro (inclusive), o horario da instalación será de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas. Os sábados, domingos e festivos, a Casa da Cultura de Fene permanecerá pechada.
12-06-2024

Feira do libro, coloquio e presentación do libro gañador do Premio Xerais 2023 na I Xornada Literaria no Pote

Organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración do Pote, Aetna, Asociación Galega de Escritores e Imprenta Sanesteban, a sociedade O Pote de Maniños acolle este venres unha xornada literaria que reunirá a unha vintena de escritores/as. As autoras fenesas Mariola Hermida e Matilde Castro participarán nesta actividade que se desenvolverá o venres 14 de xuño, a partir das 19 horas. A I Xornada Literaria no Pote incluirá unha pequena feira do libro con venda e sinatura de exemplares, coloquio e presentación de novidades literarias.
11-06-2024

Listaxe de nenas e nenos admitidos no Verán Máis Alá! 2024

Unha vez aplicados os criterios de baremación establecidos nas bases, a Concellería de Cultura de Fene vén de adxudicar as 130 prazas do campamento lingüístico e de conciliación Verán máis alá! As nenas e nenos que non obtiveron praza, quedan en lista de agarda. No caso de que se produzan baixas trala publicación da listaxe, contactarase coas familias suplentes para cubrir todas as prazas.
29-05-2024

Unha vintena de escritores e escritoras participarán na I Xornada Literaria no Pote

A Concellería de Cultura organiza coa SCRD O Pote de Maniños e Aetna a I Xornada Literaria no Pote, encontro no que tamén colaboran a Asociación Galega de Escritores e a Imprenta Sanesteban. As escritoras fenesas Mariola Hermida e Matilde Castro participarán nesta actividade que se desenvolverá o venres 14 de xuño, a partir das 19 horas, nas instalacións da entidade de Maniños. A I Xornada Literaria no Pote incluirá unha pequena feira do libro con venda e sinatura de exemplares, coloquio e presentación de novidades literarias.
28-05-2024

As Escolas Municipais de Piano, Solfexo e Guitarra do Concello de Fene rematan o curso 2023-24

A Concellería de Cultura organiza para este venres, 31 de maio o festival de clausura das escolas de música ás que asistiron ao longo do presente curso escolar vintecinco persoas. O certame comezará ás 17.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene. Actuará o alumnado de piano e guitarra, interpretando temas clásicos e composicións tradicionais. Festival aberto a tódolos públicos.
28-05-2024

La biblioteca de las lectoras valientes protagoniza a derradeira sesión do Club de Lectura da Biblioteca Municipal

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acolle este mércores, de 18.00 a 19.30 horas, a derradeira xuntanza do Club de Lectura da Biblioteca Municipal por este curso. As catorce persoas que participan na actividade (e que previamente recibiron cadanseu exemplar do volume) comentarán nesta ocasión o libro La biblioteca de las lectoras valientes, de KateThomson.