Novas

15-05-2017

A Casa da Cultura de Fene énchese a partir deste venres de "Sons Diversos"

A diversidade de estilos e de propostas musicais é a principal característica que define o ciclo “Sons diversos” que a Concellería de Cultura de Fene organiza para as vindeiras semanas.
12-05-2017

O 30 de maio remata o prazo de presentación para Os Premios Curuxa do Humor

Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Premios Curuxas, poderán presentar ou enviar as súas obras antes das 23.59 horas do vindeiro 30 de maio de 2017 ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n, 15.500 Fene, A Coruña). As obras, de temática libre, deberán ser de creación propia e inéditas. Presentaranse en formato papel e cunha dimensión máxima de 29.7x42 cm (A3), mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente. Non se admitirán fotocopias nin gravados.
12-05-2017

Presentación do libro gañador do XXIX Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé

O Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene acolle este sábado 13 de maio, ás 20 horas, a presentación do poemario Nomes de fume, de Míriam Ferradáns, gañador da XXIX edición do Premio Pérez Parallé.
10-05-2017

A Biblioteca Municipal de Fene festexa as letras galegas cun obradoiro sobre Carlos Casares

O colectivo Polo Correo do Vento visita este venres, 12 de maio, a B.P.M “Xosemaría Pérez Parallé” de Fene onde presentará a partir das 18 horas “Os xoguetes de Clío”. Trátase dunha actividade de contos e debuxos baseada na vida e obra de Carlos Casares, o personaxe homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
04-05-2017

"Apuntamentos e memorias do peor estudante do mundo", de Manuel José Díaz Vázquez.

A biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene acolle este venres, 5 de maio, a presentación do libro "Apuntamentos e memorias do peor estudante do mundo", de Manuel José Díaz Vázquez.
24-04-2017

VII concurso de microrrelatos e IV certame de creación artística En galego? É o noso!

Ambos os dous concursos están dirixidos ao alumnado dos centros educativos do Concello de Fene.
19-04-2017

Campaña “libros para sermos libres”, promovida pola Deputación e 30 concellos da provincia

O 22 de abril haberá un posto na Praza Verde e outro na Biblioteca Municipal para o agasallo de libros.
19-04-2017

A “Titiricleta” de Anxo Moure visita a Biblioteca Municipal de Fene

A actividade, prevista para as 18.00h o 21 de abril, encádrase na conmemoración do día do libro.
12-04-2017

Peche da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene durante os festivos da Semana Santa

Retomará os horarios habituais o 18 de abril.
10-04-2017

Xuntanza de Palilleiras en Fene

O Concello traballa nos preparativos do tradicional encontro, que será no pavillón de San Valentín o 29 de abril a partir das 10:30h.