Canto e música tradicional mestúranse no novo espectáculo da banda de gaitas Airiños de Fene que se presenta o vindeiro luns, 10 de xullo, na praza do alcalde Ramón Souto González de Fene.
O Concello de Fene acollerá do 10 ao 15 de xullo as actividades do Ciclo do Día da Patria Galega 2017 que organiza a Concellería de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña.
O xurado do XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”, reunido esta mañá nas instalacións do Museo do Humor de Fene, ven de dar a coñecer os nomes dos gañadores/as do certame na súa edición 2017.
Os debuxantes Xose Lois González Vázquez,“O Carrabouxo”, Alberto Cardona Valcárcel e Cristian Fojón Caruncho forman parte do xurado dos Premios Curuxa 2017 que se reunirá o vindeiro martes, 20 de xuño, ás 11.00 horas no Museo do Humor de Fene.
As familias dos nenos/as inscritos realizarán o ingreso bancario do que deberán entregar xustificante no Departamento de Cultura e Deportes antes das 14:00 h do venres 16 de xuño.
O Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene convoca, coa colaboración do Concello de Fene, a XXX edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.
“Dios ha muerto. Sólo nos queda el humor”. É o título da nova exposición que se amosará dende o vindeiro luns na Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22).