Novas

19-10-2016

XXVIII Xuntanza de Gaiteiros 2016

O sábado día 29 de outubro de 2016 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXVIII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizan anualmente dende o 1988.
31-08-2016

III Festa Mariñeira de Fene

O sábado 3 de setembro o Concello de Fene, en colaboración coas sociedades, organiza a III Festa Mariñeira nos Peirao de Barallobre.
13-07-2016

Nova edición da Festa da Veciñanza

Xornada de convivencia interxeracional que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene, coa colaboración do movemento asociativo do Concello, e que terá lugar hoxe mércores, 13 de xullo, na Praza do Concello.