O barrio de San Valentín foi o escenario, un ano máis, da Milla Escolar Concello de Fene, evento que mestura deporte, diversión, ocio e competición. Cun nivel de inscricións semellante ao de edicións anteriores, nas oito categorías nas que se dividiu a proba (cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín, biberón, prebiberón 2 e prebiberon 1) sumáronse ao redor de medio milleiro de participantes, con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos. A Milla Escolar Concello de Fene está organizada pola Concellería de Deportes coa colaboración de Decathlon, Navantia, Eroski e Espacio Deportivo Ferrolterra.