O pavillón da Xunqueira de San Valentín acolleu o pasado domingo, 28 de maio, a XXIV Milla Escolar “Concello de Fene” coa participación de preto de 400 nenos/as de Fene e comarca.
O vindeiro luns, 29 de maio, abre o prazo para inscribirse nos bautismos de mergullo que organiza a concellería de Deportes de Fene, coa colaboración do Club de Actividades Subacuáticas Nautilus.
O Concello de Fene, o CMI Unidade de Fene e a delegación ferrolá da Federación Galega de Fútbol Sala organizan para este sábado, 27 de maio, o I Torneo de Fútbol Sala para nenos/as da categoría Biberón.
Seis clubs/escolas de ximnasia artística da provincia tomaron parte o pasado sábado no primeiro torneo de ximnasia artística feminina que organizaron o Club Escola Ximnasia Artística Ferrolterra e o Concello de Fene.