122 parellas tomarán parte este domingo 28 de xaneiro no VI Trofeo de baile deportivo “Concello de Fene” que se celebrará a partir das 11:00 no pavillón polideportivo A Xunqueira de San Valentín.
Os nenos e nenas de Fene que queiran participar na campaña de esquí organizada pola Deputación Provincial poderán solicitar a preinscrición até o día 16 de xaneiro no Departamento de Deportes do Concello de Fene.
Como colofón ao ano atlético, celebráronse na comarca de Ferrolterra tres carreiras de fin de ano, que serviron ao clube Atletismo Fene para escenificar o seu crecemento, tanto en cantidade como en calidade humana e deportiva dos nosos atletas.
A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 2 de febreiro e o 12 de marzo, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas dos municipios coruñeses nados entre os anos 2003 e 2007.
Ao redor dun cento de ximnastas tomarán hoxe venres, 22 de decembro, nun novo Festival de Nadal do Club Ximnasia Artística Ferrolterra. O evento comezará ás 19.00 horas nas instalacións do pavillón do Ramo (Barallobre). Entrada libre.
Carreira inlcuída do Circuito da Deputación Provincial da Coruña que se desenvolverá polas rúas do termo municipal a partir das 17.00 horas o sábado 30 de decembro de 2017.