Novas

31-05-2024

Reserva de prazas para as escolas deportivas municipais do Concello de Fene 2024-25

A Concellería de Deportes abrirá o prazo o 10 de xuño para o alumnado matriculado neste mes que queira reservar prazas para o vindeiro curso nas escolas de piscina, pavillóns, kárate e judo. Ésta tramitarase presencialmente no Pavillón da Xunqueira de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas e os mércores do mes de xuño, tamén en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 horas. O alumnado de Fene poderá realizar a súa reserva do 10 ao 21 de xuño e o de fóra de Fene ou de Fene terá de prazo do 24 de xuño ao 3 de xullo.
20-05-2024

Últimos días para apuntarse á I Milla Popular Interxeracional

A Concellería de Deportes amplía até o venres 23 de maio, ás 14.30 horas, o prazo de inscrición para a I Milla Popular Interxeracional que se celebrará o vindeiro domingo en San Valentín e na que poderán participar persoas de todas as idades, a partir dos 3 anos. As inscricións son de balde e poden formalizarse presencialmente no Departamento de Cultura e Deportes, en Avda. Naturais, núm. 44, entrechán, Fene, ou por correo electrónico, enviando a ficha de inscrición (individual, menores clubs e colexios ou maiores clubs) a cultura.deportes@fene.gal. Tamén se recollerán de xeito excepcional inscricións individuais o mesmo día da carreira de 9:30 a 10:30 horas.
14-05-2024

Dobre cita coa ximnasia artística esta fin de semana en Fene

O pavillón da Xunqueira (San Valentín) acollerá esta fin de semana o Campionato Galego Open Base e Vía Olímpica de ximnasia artística feminina e a fase final da Liga Escolar de ximnasia artística feminina e masculina, organizados pola Federación Galega de Ximnasia Artística coa colaboración do Club Ximnasia Artística Ferrolterra, de Fene. Perto de trescentas/os ximnastas tomarán parte na competición (cento noventa no Open Base e Vía Olímpica e oitenta e oito na fase final da Liga Escolar) dun total de cinco clubs: o Terra Sports Academy, o Ximnasia Coruña, o Bayosil, o Real Grupo de Cultura Covadonga e o anfitrión, o club e escola Ximnasia Artística Ferrolterra.
14-05-2024

O Concello de Fene abre o prazo de inscrición para a I Milla Popular Interxeracional que sustitúe á tradicional proba escolar

O domingo 26 de maio é a data escollida pola Concellería de Deportes de Fene para a celebración da I Milla Popular Interxeracional Concello de Fene, proba que combina a tradicional milla escolar, na que poden participar nenos e nenas a partir dos tres anos, cunha milla para maiores, aberta a persoas de todas as idades, tanto de Fene coma doutros concellos. As carreiras comezarán as 11.00 horas na Avenida do Mar de San Valentín e paseo marítimo aínda que, no caso de choiva, as de categorías escolares (desde prebiberón 1, aula de 3 anos, ata cadete, aulas de 3º e 4º da ESO) traladaranse ao pavillón da Xunqueira, manténdose o resto de carreiras no circuito exterior (categorías sub 23, Senior e Máster).
08-05-2024

O Concello de Fene abre este xoves o prazo de preinscrición para os campamentos deportivos da Deputación da Coruña

Fene contará este ano con 6 prazas para a segunda quenda dos Campamentos de verán da Deputación da Coruña, que se desenvolverá do 30 de xuño ao 5 de xullo nas instalacións do IES Rosalía Mera da Coruña. As persoas interesadas en anotar aos/ás seus/súas pequenos/as poderán facelo do xoves 9 ao martes 28 de maio no Rexistro Xeral do Concello de Fene, presencial (de 8.00 a 14.00 horas) ou telematicamente (https://sede.fene.gal/sxc/gl/index.html). Deberán aportar a ficha de inscrición -dispoñible na web www.fene.gal- totalmente cuberta e un volante de empadroamento no Concello de Fene (cunha antigüidade mínima do 2 de maio de 2024).
03-05-2024

Máis de 600 estudantes participaron en Fene nunha nova edición das Xornadas de Atletismo Divertido

14-03-2024

Máis de douscentos bailaríns tomarán parte este domingo no XI Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene

Volve unha das probas de baile deportivo máis importantes e consolidadas da tempada. O XI Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene celebrarase este domingo no pavillón de San Valentín co aliciente de ser a primeira proba puntuable do ranking nacional en Galicia. A competición iniciarase ás dez da mañá e desenvolverase durante toda a xornada, contando con 4 especialidades recoñecidas pola Federación: Standard/Latino, Single, Caribeños e Danza Coreográfica.
29-02-2024

Fin de semana de judo en Fene cunha nova xornada da Liga Galega Rías Altas e con exames de cinturón branco a verde

Ao redor de cincocentos judokas da Coruña, Lugo e Asturias tomarán parte este sábado, no pavillón de San Valentín nunha nova edición da Liga Galega Rías Altas de Judo. A xornada celebrarase en horario de mañá (de 9:30 a 13:30 h) e de tarde (de 15:30 a 21:30 h) e competirán deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e senior, tanto masculino como feminino. Ademais, o domingo, a instalación deportiva fenesa será o escenario dunha quenda de exames de paso de cinturón entre branco e verde (branco – amarelo – laranxa e verde). Exames aos que se inscribiron unhas cento cincuenta persoas e que terán lugar de 10:15 a 12:30 h.
23-02-2024

O pavillón da Xunqueira acolle este sábado un Torneo Solidario de Fútbol Sala

Organizado polo CMI Unidade de Fene e Soos Maquinaria, coa colaboración da Concellería de Deportes de Fene, o torneo incluirá partidos amistosos entre o CMI Unidade de Fene e outros equipos da contorna, amais de actuacións de baile (Revolución UPA), de rock&metal (Keepers) e sorteos de agasallos. Desenvolverase en horario de tarde, de 16 a 20 horas e, segundo informan desde a organización, no devir da xornada venderanse gorras a 5 €. Os cartos recadados con esta venda doaranse integramente á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG). Entrada de balde.
08-02-2024

San Valentín acolle este sábado o campionato de Preseleccións Provinciais de patinaxe artística

O Concello de Fene colabora co club fenés Buxaina na organización do Campionato de preseleccións provinciais (Coruña e Lugo) de patinaxe artística nas categorías benxamín, alevín e infantil. O evento terá lugar este sábado, 10 de febreiro, no pavillón polideportivo da Xunqueira e contará coa participación de nenas e nenos das dúas provincias, nas súas respectivas categorías, femininas e masculinas.