Novas

29-08-2024

Horarios adestramento

O Departamento de Deportes publica os horarios de adestramento para a tempada campo de Fútbol Os Pinares e Pretempada pavillón a Xunqueira (do 1 ao 30 de setembro).

Doutra banda, lémbrannos que os prazos para entregar as solicitudes de adestramento da tempada 2024/2025 para os clubes federados de Fene seguen abertos até o 16 de setembro para o Pavillón Polideportivo de A Xunqueira e O Ramo.
23-08-2024

As Andainas por Fene percorrerán Limodre o domingo 1 de setembro e Maniños o sábado 7 de setembro

Xa está aberto o prazo para apuntarse na ruta por Maniños que organizan a Concellería de Deportes e a ACRD O Pote para o sábado, 7 de setembro, a partir das 17.00 horas. A andaina comezará no local da entidade e percorrerá - ponte da pedra - rotonda da armada - camiño da corredoira - prismos - os roidoiros - muiño de Solís - polígono - os casáis - catalán - brea para voltar ao punto de saída tras percorrer uns 8 quilómetros de dificultade media e cunha duración aproximada de tres horas.
19-08-2024

As citas para apuntarse nas escolas deportivas e culturais municipais comezarán a darse o 2 de setembro

A Concellaría de Deportes e Cultura informan dos prazos de inscricións nas escolas municipais de Fene. Isto é, o prazo de matrícula presencial estará aberto do 9 ao 18 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 2 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.
19-08-2024

Andaina por Limodre o domingo 1 de setembro

Xa está aberto o prazo para apuntarse na ruta por Limodre que organizan a Concellería de Deportes e a AVV Limodre para o domingo, 1 de setembro, a partir das 10.00 horas. A andaina, cuxo percorrido publicaremos proximamente, comezará no local da entidade e percorrerá uns 8 quilómetros de dificultade media ecunha duración aproximada de 3 horas. A participación é de balde até completar as 50 prazas, pero cómpre anotarse nas dependencias do Departamento de Deportes (Avda Naturais, 44, entrechán dta., Fene, ou no 981 340 366) en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.
31-07-2024

Horarios de adestramento de pretempada no campo de fútbol de Os Pinares

Rematado o prazo de solicitude de adestramento no Campo de Fútbol de Os Pinares para a pretempada 2024-2025 para clubs federados do Concello de Fene , o Concello publica na web municipal os horarios definitivos. Así mesmo, as solicitudes de adestramento de pretempada 2024/2025 para o Pavillón Polideportivo de A Xunqueira para clubs federados do Concello seguirán abertas ata o 24 de agosto.
29-07-2024

A Concellería de Deportes retomará en setembro as súas Andainas por Fene

Que a xente poida coñecer o concello da man da veciñanza é o principal obxectivo das Andainas por Fene que organiza a Concellería de Deportes coa colaboración das entidades parroquiais do municipio e Eroski Fene. O programa botou a andar o pasado 15 de xuño, cun percorrido pola parroquia de Barallobre, e, tralo parón estival, retomarase o 1 de setembro cunha andaina por Limodre que conducirán membros da AVV desta parroquia.
19-07-2024

A Concellería de Deportes organiza o I Trofeo Triangular Concello de Fene no que participarán os tres equipos de fútbol de Fene

O campo do Cultural Maniños acollerá o vindeiro 10 de agosto o Trofeo de Fútbol “Concello de Fene” no que tomarán parte a S.D.Barallobre, o Cultural Maniños S.D. e o C.C.R.D. de Perlio. Poderán participar tantos xogadores por encontro “como licencias federativas teña o club”. O torneo xogarase atendendo ao sistema de “todos contra todos”, é dicir, cada equipo enfrontarase aos outros dous equipos unha vez en partidos de 45 minutos cun descanso de 15 minutos entre eles.
12-07-2024

Os clubs de Fene poderán solicitar a partir do luns horas de adestramento de pretempada e tempada 2024-25 nas instalacións deportivas municipais

O luns 15 de xullo ás 8.30 horas abre o prazo para que os clubs de Fene soliciten horas de adestramento para a pretempada no campo de Fútbol Os Pinares e no pavillón polideportivo da Xunqueira, así como para a tempada 2024/2025 no campo de Fútbol e nos dous pavillóns. Os clubs que estean interesados deben remitir nas datas que se indican na normativa, a relación de horas que soliciten de cada instalación para a pretempada e para a tempada 2024 -2025, especificando o equipo (deporte e categoría) que vai utilizar cada hora. As solicitudes deberán presentarse telemáticamente, na sede electrónica do Concello de Fene.
02-07-2024

Conta atrás para o XXX Día do Deporte na Rúa

A Concellería de Deportes de Fene anima á veciñanza a participar este domingo, 7 de xullo, nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa, evento multideportivo que ten como obxectivo promocionar a actividade física en familia. A Avda. do Tarrío, a rúa San Salvador e os arredores do CCRD de Perlío serán o epicentro desta xornada para a que están programadas ao redor dunha trintena de actividades para persoas de todas as idades e gustos. O horario será de 10.30 a 14.00 horas e, no caso de choiva, o evento trasladarase ao interior do pavillón A Xunqueira de San Valentín.
Coma todos os anos, a participación en todas as actividades do Día do Deporte na Rúa será libre e de balde. E as persoas que participen en tres actividades, poderán facerse cunha camiseta conmemorativa da xornada, até esgotar existencias.
24-06-2024

Fene propón un verán deportivo para todas as idades

Bautismos de mergullo, cursiños de kaiak e paddle surf para adultos e para poboación infantil, campamento lúdico-deportivo e ximnasia de verán. Son algunhas das actividades que o Concello de Fene anuncia para as vindeiras semanas, no marco da súa programación deportiva de verán 2024. As actividades desenvolveranse en distintas instalacións municipais, entidades sociais e espazos naturais do Concello de Fene durante os meses de xullo e agosto. Algunhas, como a ximnasia de verán ou o bautismo de mergullo infantil serán de balde e para o resto haberá que pagar cotas populares, segundo o programa que se detalla a continuación.