Novas

10-07-2025 -

Fene honra o Día da Patria Galega cun acto institucional marcado pola memoria, a identidade e o legado de Castelao e as cantareiras

O Concello de Fene acolleu este serán o acto institucional central con motivo do Día da Patria Galega, nunha xornada de reflexión e reivindicación arredor da identidade galega, da man da alcaldesa Sandra Permuy e da cantareira Gisela Sanmartín, quen asinou a intervención institucional convidada neste 2025. O acto forma parte do ciclo “Xullo, mes da Patria”, coa que Fene se suma á celebración do 25 de xullo poñendo en valor a lingua, a cultura e a historia de Galiza.
10-07-2025 -

Acto institucional, concertos e festival de habaneras para pechar o ciclo Xullo, mes da Patria

A fenesa Gisela Sanmartín Novo, directora do grupo de cantareiras Xirifeiras de Airiños de Fene e presidenta da Asociación de Tocadoras Galegas Somos Pandeireteiras é a autora e será a encargada de ler esta tarde a declaración institucional do Concello de Fene polo Día da Patria Galega. O acto, presidido pola alcaldesa, Sandra Permuy, comezará ás 20 horas no Parque Liñal do Río Cádavo, a carón do monumento 25 de xullo. Tamén participará o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e no acompañamento musical, unha representación do grupo Xirifeiras. Tamén este xoves, a partir das 21 horas, a actividade do ciclo “Xullo, mes da Patria” trasládase á praza do alcalde Ramón J. Souto González cos concertos de Ulex e De Ninghures. E mañá venres, no mesmo espazo, concluirá o ciclo co Festival de habaneras e canto coral.
09-07-2025 -

O Concello de Fene denuncia verquidos incontrolados e apela á responsabilidade da veciñanza

O Concello de Fene quere denunciar publicamente a aparición de novos verquidos incontrolados, tanto nas inmediacións de colectores como en camiños e zonas de monte, e fai un chamamento á cidadanía para actuar con responsabilidade, respecto e educación.
Desde a área de Medio Ambiente insístese en que os colectores e papeleiras están deseñados para acoller residuos domésticos específicos, polo que deixar fóra deles restos de obras, electrodomésticos, mobles ou residuos perigosos constitúe unha infracción, ademais dunha grave falta de respecto ao ben común.
08-07-2025 -

O Museo do Humor Xaquín Marín dará a coñecer este venres as obras gañadoras dos Premios Curuxa 2025

O Museo do Humor Xaquín Marín anuncia que este venres está prevista a xuntanza o xurado do concurso de humor gráfico e caricatura Premios Curuxa 2025. O humorista grafico David Pintor (Pinto&Chinto) e os gañadores da Curuxa´24, Adrián Dopico, e da Curuxa Nova´24, Lucas Sixto Carballeira, forman parte do xurado que se completa nesta XXIX edición do certame coa alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e a responsable do museo fenés, Almudena Marcos (que actuará en calidade de secretaria do concurso). O xurado reunirase o venres 11, ás 12.00 horas, no propio museo para avaliar as obras presentadas e, ao longo da tarde, darase a coñecer o fallo a través da páxina web e redes sociais do Concello de Fene e Museo do Humor Xaquín Marín.
08-07-2025 -

Humor con Federico Pérez e concertos de Ulex e De ninghures no ciclo Xullo, mes da Patria

Continúa o ciclo organizado pola Concellería de Cultura de Fene para conmemorar o Día da Patria Galega. A xornada deste mércores, 9 de xullo, estará adicada ao humor co monologuista e actor Federico Pérez. O espectáculo, titulado Xa que o sabes, voucho contar (e cantar), comezará ás 21.30 horas na praza do alcalde Ramón J. Souto González con entrada gratuíta. Recollida de invitacións para asistir ao mónólogo na Casa da Cultura, o martes e o mércores pola mañá, ou o mesmo día da función, de 19.30 a 20.30 horas na propia praza, ata fin de existencias (aforo limitado). Apertura de portas ás 21.00 horas. Función programada coa colaboración da Rede Cultural da Deputación.
07-07-2025 -

Clausura do programa Seráns activos do Concello de Fene

Varios locais sociais parroquiais do concello de Fene acolleron nos últimos días as xornadas de clausura do programa de envellecemento activo que organizou a concellaría de Benestar Social e Igualdade baixo o nome de Seráns Activos. A actividade desenvolveuse entre os meses de novembro a xuño, de xeito itinerante, nas diferentes parroquias do concello, contando coa colaboración das entidades veciñais e culturais (AVV Limodre, CPS San Valentín, SCRD Agarimo, ACDR Liga de Amigos, AVV Perlío, AVV Magalofes e Centro Sociocomunitario).
07-07-2025 -

A praza do CPS de San Valentín acolle este martes o espectáculo Historias para escagharriñarse, de Teatro Ghazafelhos

As actividades do ciclo “Xullo, mes da Patria” que organiza a Concellería de Cultura de Fene, continúan este martes, 8 de xullo, con Teatro Ghazafelhos e as súas Historias para escagharriñarse. O espectáculo representarase na praza ubicada entre os bloques 11 e 12 de San Valentín, a carón do CPS, a partir das 21.00 horas. Entrada libre e de balde. Espectáculo para todos os públicos.
03-07-2025 -

O Concello de Fene leva ao grupo Silbarda á Romaría do Camiñante deste sábado

A tradicional Romaría do Camiñante, que organiza a ACRD Liga de Amigos de Barallobre, celébrase este sábado, día 5 de xullo. Como complemento aos actos programados pola sociedade fenesa, a Concellería de Cultura (en colaboración co programa Rede Cultural da Deputación) anuncia a actuación de “Cantos de taberna” do grupo Silbarda, da Asociación Cultural Airiños da Capela. A función comezará no local da asociación ás 21.30 horas, con entrada libre e de balde.
03-07-2025 -

Comezan os traballos de construción da nova senda peonil da AC-133 en Barallobre

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, e a concelleira de obras, Mª Carmen Martínez, desprazáronse esta mañá á estrada AC-133, en Barallobre, para supervisar o avance das obras de construción da nova senda peonil. Trátase dunha actuación de gran importancia para mellorar a seguridade viaria neste tramo, que até o de agora contaba cunha simple beiravía e unha gabia de formigón aberta, que dificultaba o paso e supuña un risco para o tránsito a pé.
01-07-2025 -

Fene renova o seu compromiso cos festivais Felicia Pop e FeneRock, que se celebrarán en agosto e setembro

O Concello de Fene reafirma o seu compromiso co tecido cultural e asociativo local coa sinatura esta mañá dos convenios de colaboración cos festivais Felicia Pop e FeneRock, que se celebrarán nas parroquias de Limodre e San Valentín nos meses de agosto e setembro. A achega municipal ascende a 22.000 euros (11.000 por festival) dos que o 70% se adianta agora (7.700 euros por evento) para contribuír aos gastos organizativos, completándose o pago tras a xustificación da subvención.