Exposicións

Museo do Humor   Exposicións

O Olimpo da Caricatura 2024

O Olimpo da Caricatura é unha exposición que xorde dunha nova colaboración entre o Museo do Humor e Xaquín Marín. Quince artistas forman parte deste Olimpo. Figuras de recoñecido prestixio que proveñen de moi diversos países: Albania, Portugal, Cuba, Brasil, Italia, Grecia, Polonia, Bélxica, Rusia e, como non, España. Ata temos un representante do barrio ferrolán de Esteiro. A mostra foi organizada polo Museo do Humor Xaquín Marín coa colaboración da Xunta de Galicia (convocatoria de axudas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia 2024).
 

Demo Pequeno 2024

Ao redor de sesenta obras compoñen a exposición do II Concurso de Bd de Humor Demo Pequeno, convocado polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial. A mostra recolle a totalidade dos traballos presentados ao certame que nesta edición convidou aos rapaces, entre 8 e 16 anos, a debuxar unha historia curta de banda deseñada ou tira cómica, con enfoque humorístico sobre “a revolución tecnolóxica que está a cambiar o mundo”. Os/as gañadores/as do certame foron: Diego Noguerol Feijoo (1º premio categoría Infantil), Maia Tato Rodríguez (2º premio categoría Infantil), Ainara Soto Reino (1º premio categoría Xuvenil), e Ana Manso López e Gael Rivas Núñez , do CPR Santa Juana de Lestonnac, Ferrol (2º premio categoría Xuvenil). Ademais resultaron finalistas da categoría Xuvenil: Jimena Rivas Garel, do IES Concepción Arenal, Ferrol, e Noa Fachal Bermúdez, do CPI San Sadurniño.

Curuxas 2023

Exposición dos traballos presentados aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor Xaquín Marín, na súa edición de 2023. A exposición consta de 76 debuxos. Salientan as obras dos artistas galardoados este ano: Borja Ramón López Cotelo, “El primo Ramón”, primeiro premio Curuxa (categoría para maiores de 25 anos); Lucía Rodríguez Cid, primeiro premio Curuxa Nova (categoría de 16 a 25 anos); e Iván Mouronte Barreiro, 1º premio na categoría Caricatura (para maiores de 16 anos). Ademais, os finalistas do certame foron: Manuel Arriaga de León (Curuxa), Adrián Jamardo Fernández (Curuxa Nova) e Iván Mata Tamayo (Caricatura). E acadaron unha mención especial polos seus traballos os debuxantes Carles Ponsí Dalfó (Curuxa) e Asier Sanz Nieto (Caricatura).

40º aniversario da revista "Can sen dono"

A finais de 1982, na contorna do Primeiro Seminario Galego do Humor, celebrado no Museo Carlos Maside de Sada, e baixo o acubillo de Isaac Díaz Pardo, un grupo de debuxantes de Vigo presentaba o proxecto editorial dunha revista galega de humor que se ía denominar “Can sen dono”. A publicación foi unha realidade en 1983, ano no que ve a luz o seu número cero, coa dirección de Pepe Carreiro, coordinación de Gogue e edición de Antón Mascato. Desde esta data ate 1989 (e con 23 números publicados e catro extraordinarios), máis de medio cento de humoristas gráficos e tamén algúns humoristas literarios chegaron a participar nesta revista satírica galega á que en 2023, corenta anos despois, o Museo do Humor Xaquín Marín rendeu homenaxe.

Demo Pequeno 2023

Nerea Italia Couce, do CPI San Sadurniño, foi a gañadora do I Concurso de BD de Humor “Demo Pequeno”. No certame, convocado polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial, premiáronse tamén os traballos de Salma García, do IES Canido e de Candela Salgado do CPI San Sadurniño.

Curuxas 2022

Exposición dos traballos presentados aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2022. A exposición consta de 57 debuxos. Salientan as obras dos artistas galardoados este ano: “Héroe”, de Ricardo Olivera Almozara, "Fritz" (1º premio na categoría Curuxa), "Corrente de altura”, de Manuel Alejandro Vázquez Búa (2º premio na categoría Curuxa),  “Amor en tempos de inflación”, de Pedro Bouza Bernárdez (1º premio na categoría Curuxa Nova) e “Gamers”, de Andrés Chinchilla Argibay (2º premio na categoría Curuxa Nova). Tamén se amosan os debuxos finalistas do certame, "S/T" (Curuxa), de Omar Alberto Figueroa Turcios, “Terra de nada” (Curuxa), de Bea Gregores, "Neoneolítico" (Curuxa Nova), de Lucía Rodríguez Cid, e "A neo caverna de Platón" (Curuxa Nova), de Luciano Ripio Molina.

Volta á orixe. Exposición antolóxica de Xaquín Marín (2022)

"Dixo Rainer Maria Rilke que a verdadeira patria dun home é a súa infancia.
A miña infancia foi en Fene, na Fonte do Campo, nos terreos nos que se levanta este edificio, ai mesmo, desde onde les isto.
Aquí xoguei, aquí aprendín boa parte do pouco que sei, aquí fixen os meus primeiros debuxos, aquí bebín da fonte.
É tempo da volta á orixe"
Xaquín Marín, 2022

Curuxas 2021

Exposición dos traballos presentados aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2021. A exposición consta de 67 debuxos. Salientan as obras dos artistas galardoados este ano: “Cegueira”, de Alexandre Sequeiros Camiña (1º premio na categoría Curuxa), "Éxodo”, de Fernando Iglesias Mouta, "Kohell" (2º premio na categoría Curuxa),  “Un cadáver con sorte”, de Nuria Martínez Carbó (1º premio na categoría Curuxa Nova) e “Emancipación”, de Sarai Outeiral Ces (2º premio na categoría Curuxa Nova). Tamén se amosan os debuxos finalistas do certame, "Negacionismo" (Curuxa), de Borja Ramón López Cotelo, "El primo Ramón", e “Vacinados” (Curuxa Nova),  asinado por Lucas Sixto Carballeira.

Curuxas 2020

Exposición dos traballos presentados aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2020. A exposición consta de 67 debuxos. Salientan as obras dos artistas galardoados este ano: “Se nos quema”, de Sebastiá Martí Benedí (1º premio na categoría Curuxa), “S/t”, de Robert John Holt Schmelzer (2º premio na categoría Curuxa),  “Respira”, de Hugo Feal Permuy (1º premio na categoría Curuxa Nova) e “Ciclo”, de Luciano Ripio Molina (2º premio na categoría Curuxa Nova). Tamén se amosan os debuxos finalistas do certame, "Infrinxindo as normas", de Manuel Arriaga de León, e “Vacacións Mundiais Z”,  asinado por Lucas Sixto Carballeira.

Curuxas 2019

Exposición dos traballos presentados aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2019. A exposición consta de 82 debuxos. Salientan as obras dos artistas galardoados este ano: “Refugiados y migrantes”, de Asier Sanz Nieto (1º premio na categoría Curuxa), “Se tan bon é, ha de facer bo lume”, de Sandra Lodi (2º premio na categoría Curuxa),  “Para sempre”, de Javier Jareño López Cuervo (1º premio na categoría Curuxa Nova) e “Brecha xeracional”, de Beatriz Gregores (2º premio na categoría Curuxa Nova). Tamén se amosa o debuxo finalista do certame, “Vigo Crismas Trí”,  asinado por Joaquín Aldeguer López e David García Vivancos.

Curuxas 2018

Mostra das obras presentadas aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2018. Salientan as obras dos artistas galardoados este ano: Fernando Iglesias Mouta, "Kohell" (1º premio Curuxa), Manuel Arriaga de León (2º premio Curuxa), Ana Martínez Fernández (1º premio Curuxa Nova) e Cristian Fojón Caruncho (2º premio Curuxa Nova). Tamén as dos finalistas: Alejandro Viñuela Agra e Beatriz Rodríguez Gregores (categoría Curuxa) e Miguel Bouzas Rodríguez, Helena Fernández Carou, Antón Agra García Malvar,  Marta Picallo Rodríguez e Antía González Arras (categoría Curuxa Nova).
 

Curuxas 2017

Selección dos traballos presentados aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2017. Aínda que a exposición consta de 45 debuxos, salientan as obras dos artistas galardoados este ano: Borja Ramón López Cotelo, “El primo Ramón” (1º premio na categoría Curuxa),  Andrés Meixide Gayoso (2º premio na categoría Curuxa),  Andrés Simal González (1º premio na categoría Curuxa Nova) e Andrés Garrido Martín (2º premio na categoría Curuxa Nova). 

Humor do país, de Luís Davila (2016)

Corenta e cinco paneis, 200 tiras cómicas, 30 orixinais e diversas figuras a grande formato conformaron a exposición “O humor do país”, mostra organizada polo Museo do Humor de Fene para achegar aos visitantes a obra do xenial humorista gráfico Luís Davila.

Curuxas 2016

Selección dos traballos presentados ao concurso de humor gráfico Curuxa do Humor 2016, convocado polo Museo do Humor de Fene. Salientan os traballos gañadores do certame nesta edición: "Ray", de Alberto Cardona Valcárcel (1º premio categoría Curuxa); "Modernas", de Antón Lezcano González (2º premio categoría Curuxa); "Adaptación ao medio", de Cristian Fojón Caruncho (1º premio categoría Curuxa Nova); e "A gaivota de Amalia", de Alba Souto Rodríguez (2º premio categoría Curuxa Nova).

Ibáñez. El mago del humor (2015-2016)

A exposición Francisco Ibáñez, el mago del humor, que se puido ver no Museo do Humor de Fene durante os meses de decembro de 2015 e xaneiro de 2016, efectuaba unha aproximación á biografía do ilustre debuxante e á xénese das súas principais obras e personaxes.

Curuxas 2015

Selección dos traballos presentados ao concurso de humor gráfico Curuxa do Humor 2015. Salienta o debuxo gañador do 2º premio na categoría Curuxa: Qué leria de guerra!, de Manuel Arriaga de León (Murcia).

Xeración Retranca (2015)

Esta mostra recolleu orixinais de destacados humoristas galegos que formaron parte do elenco de autores que publicaron na revista Retranca entre os anos 2007 e 2011 (Kiko da Silva, Pinto&Chinto, Leandro, Andrés Meixide, Miguelanxo Prado, Alberto Guitián, Luis Davila, Fernando Iglesias "Kohell" ou José Antonio "Bernal”, xunto cos clásicos do humor gráfico galego como Xaquín Marín, Siro López ou Xosé Lois “O Carrabouxo”)

Pola cara (2014)

Exposición de caricaturas producida polo Museo do Humor de Fene no marco da conmemoración do seu XXX aniversario. Nesta mostra amosouse unha importante colección de caricaturas doadas para a ocasión por máis de medio cento de debuxantes e caricaturistas galegos, españois e internacionais.

Imaxes EBA. Homenaxe a Blanco Amor (2012)

Dezaoito ilustradores/as de primeiro nivel participaron nesta exposición promovida polo Museo do Humor de Fene dentro dos actos organizados polo Concello de Fene ao redor da convocatoria da 30ª edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor.

O humor e os dereitos da infancia (2012)

Mostra colectiva na que diferentes ilustradores/as amosaron, dende unha perspectiva humorística, o seu punto de vista sobre o tema dos dereitos dos/as nenos/as. A mostra estaba baseada na “Declaración dos dereitos da infancia”, proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 1386 (XIV), do 20 de novembro de 1959.