• +34 981 342 400 - +34 981 341 451
  • museodohumor@fenecidadan.gal - museodohumor@gmail.com
  • Galego
  • Español

Museo do Humor

  • Portal cidadán
  • Turismo
Museo do Humor Xaquín Marín
  • Museo do Humor Xaquín Marín
  • Museo do Humor Xaquín Marín
    Museo do Humor Xaquín Marín
  • Museo do humor Xaquín Marín
    Museo do humor Xaquín Marín
  • Museo do Humor Xaquín Marín
    Museo do Humor Xaquín Marín
O Museo
Exposicións
Actividades
Premios Curuxa

Dixomedíxomes

O Museo do Humor Xaquín Marín dará a coñecer este venres as obras gañadoras dos Premios Curuxa 2025

O Museo do Humor Xaquín Marín anuncia que este venres está prevista a xuntanza o xurado do concurso de humor gráfico e caricatura Premios Curuxa 2025. O humorista grafico David Pintor (Pinto&Chinto) e os gañadores da Curuxa´24, Adrián Dopico, e da Curuxa Nova´24, Lucas Sixto Carballeira, forman parte do xurado que se completa nesta XXIX edición do certame coa alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e a responsable do museo fenés, Almudena Marcos (que actuará en calidade de secretaria do concurso). O xurado reunirase o venres 11, ás 12.00 horas, no propio museo para avaliar as obras presentadas e, ao longo da tarde, darase a coñecer o fallo a través da páxina web e redes sociais do Concello de Fene e Museo do Humor Xaquín Marín.


A entrega de premios do III concurso de BD de Humor Demo Pequeno serviu onte para festexar a creatividade, a imaxinación e o humor dos máis pequenos da casa

Organizado polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial, o certame reuniu este xoves na Casa da Cultura de Fene aos gañadores do concurso que, acompañados das súas familias, recibiron os seus diplomas e agasallos da man da alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, do concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e do presidente do xurado (en representación de Demo Editorial), Luis Sendón. O acto desenvolveuse na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé que acolle este ano a exposición do certame, cunha selección das obras presentadas. Pero, amais da mostra física, desde onte pódese visitar unha exposición virtual do certame, con todas as obras, na web do Museo do Humor Xaquín Marín.


Zoe Pérez Fernández e Nuno Tizón Couñago gañan o III Concurso de BD de Humor Demo Pequeno

O Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial veñen de dar a coñecer os nomes dos/as gañadores/as do III Concurso de BD de Humor Demo Pequeno. O xurado desta terceira edición, formado polos autores de banda deseñada Xulia Pisón e Álvaro López, xunto co tamén debuxante Luís Sendón (por delegación do director de Demo Editorial, Manel Cráneo) e a responsable do Museo do Humor Xaquín Marín, Almudena Marcos, reuniuse este martes 27 de maio e acordou conceder por maioría os seguintes premios.


Ver m?is
  • O museo
  • Historia
  • Do prelo
  • Exposicións
  • Actividades
  • Dixomedíxomes
  • Axenda
  • Os premios Curuxa
  • Galería de imaxes
  • Visita Virtual
  • Contacto / Horario
© 2025 Fene cidadán. Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n. 15500 - Fene (A Coruña). Teléfono: 981 492 707
  • Aviso legal
  • Accesibilidade
  • Deputación da Coruña