07-11-2018
07-11-2018
O Concello de Fene inaugura este venres a exposición Pinto&Chinto. 25 anos
O acto, na Casa da Cultura-Museo do Humor, dará comezo ás 20 horas, presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e con entrada libre
"Pinto&Chinto. 25 anos" é o título claro e conciso da nova exposición que este venres, 9 de novembro, inaugura o Concello de Fene na Casa da Cultura sobre a obra de dous dos maiores referentes do humor gráfico galego. Unha mostra orixinal e sorprendente que constrúe un percorrido sobre a producción gráfica periodística de Pinto e Chinto.
31-10-2018
31-10-2018
O Concello de Fene convida á veciñanza ó ciclo de monólogos "Novembro, mes do humor"
A entrada é gratuíta, previa retirada de convite na Casa da Cultura
A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá a posta en marcha do ciclo de monólogos "Novembro, mes do humor". Un ciclo que comezará este venres coa actuación do dúo Aldaolado e que terá continuidade nos seguintes venres de mes con monólogos de Marcos Pereiro, Carmen Méndez, Caxoto e Federico Pérez. Coma en anos anteriores, as entradas serán balde pero con necesaria retirada de convite.
30-10-2018
30-10-2018
A Casa da Cultura acolle este mércores a presentación do catálogo da exposición "Cerámicas Pérez Porto"
O xenial ceramista estará acompañado no acto, que comezará ás 20 horas, polo editor Pedro Blanco e o alcalde de Fene, Gumersindo Galego
Francisco Pérez Porto presentará este mércores, 31 de outubro, o catálogo da exposición "Cerámicas Pérez Porto". Será a partir das 20 horas na Casa da Cultura de Fene e no acto estará acompañado polo editor e xestor cultural Pedro Blanco Llano e polo alcalde de Fene, Gumersindo Galego. Trátase dun acto con entrada libre, ó que está convidada toda a veciñanza, que recibirá un exemplar do catálogo.
24-10-2018
24-10-2018
Fernando Iglesias Mouta, “Kohell” (1º premio na categoría Curuxa), Manuel Arriaga de León (2º premio na categoría Curuxa), Ana Martínez Fernández (1º premio na categoría Curuxa Nova) e Cristian Fojón Caruncho (2º premio na categoría Curuxa Nova) recibirán este venres, 26 de outubro, os galardóns que os acreditan como gañadores dos Premios Curuxa 2018. Será nun acto no Museo do Humor que arrancará ás 19 horas, presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, coa recepción ós gañadores e finalistas do certame. Así mesmo, e con entrada libre, ás 20 horas procederase á entrega dos premios ós nomeados gañadores e dos diplomas ós/ás finalistas do certame: Beatriz Rodríguez, Helena Fernández, Antía González, Antón Agra, Miguel Bouzas, Alejandro Viñuela e Marta Picallo.
30-05-2018
30-05-2018
O alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, entregaron os diplomas ós veciños e veciñas que acudiron durante o curso ás sesións, impartidas pola técnica Clara González.
01-10-2018
01-10-2018
O Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura, inaugura este martes, 2 de outubro, nova exposición na Casa da Cultura. Nesta ocasión, a mostra dos Premios Curuxa 2018. Poderá visitarse ata o 2 de novembro de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados de 10 a 13 horas. Así mesmo, tamén a partir de mañá, o público poderá visitar unha exposición virtual con todos os traballos presentados ó certame na páxina web do museo
21-09-2018
21-09-2018
Xaquín Marín presenta Tonecho este luns no Museo do Humor
No mesmo acto, que principiará ás 20 horas con entrada libre, o escritor e xornalista Félix Caballero Wangüemert presentará a súa obra X. Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego
O Museo do Humor de Fene, a segunda casa de Xaquín Marín, será escenario este luns, 24 de setembro, do acto de presentación da súa última publicación, Tonecho, pero tamén da obra X. Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego, de Félix Caballero Wangüemert, un libro definitivo sobre un dos artistas galegos fundamentais da historia de Galicia. Con entrada libre, o acto dará comezo ás 20 horas e, nel, Marín e Caballero estarán acompañados polo director de Galaxia, Francisco Castro, e polo alcalde de Fene, Gumersindo Galego.
11-09-2018
11-09-2018
Novos horarios na Casa da Cultura
O Concello informa da ampliación dos horarios a partir deste mércores
O Concello de Fene ven de informar da entrada en vigor do horario de inverno na Casa da Cultura –Biblioteca Municipal, Museo do Humor, aula de estudo e sala de exposicións temporais- a partir deste mércores, 12 de setembro.
05-09-2018
05-09-2018
A mostra inaugurada este martes poderá visitarse ata o 28 de setembro na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor con entrada de balde. De luns a venres de 10 a 14,15 horas ata o 11 de setembro e, a partir de entón, de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 21 h e os sábados de 10 a 13 h.
03-09-2018
03-09-2018
Manuel Barro e Rafael Nadales traen á Casa da Cultura de Fene os seus “Contrastes”
O acto de inauguración, aberto á veciñanza, celebrarase este martes ás 12 h na Casa da Cultura
Baixo o título “Contrastes”, os artistas Manuel Barro e Rafael Nadales traen a Fene algunhas das súas mellores obras pictóricas e escultóricas. Unha mostra imprescindible que o público poderá apreciar na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor do municipio. O acto de inauguración terá lugar mañá martes, 4 de setembro, a partir das 12 horas.