Dixomedíxomes

Museo do Humor   Dixomedíxomes
02-08-2018

Arantxa Prada inaugura en Fene a súa exposición de pintura “Introproxección”

 A pintora Arantxa Prada inaugura en Fene a súa exposición “Introproxección”. Será este venres, 3 de agosto, a partir das 12 horas na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor. Con entrada libre, no acto tomará a palabra a artista, así como a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, e o alcalde, Gumersindo Galego.

04-07-2018

Inaugurada en Fene a exposición “Cores. O reflexo da alegría de vivir” de Flor Taracido

A mostra poderá visitarse ata finais de mes de luns a venres de 10 a 14,15 h

Acompañada do alcalde, Gumersindo Galego, e da concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, e arroupada por numeroso público, a artista Flor Taracido inaugurou onte á tarde a súa exposición de pintura “Cores. O reflexo da alegría de vivir” na Casa da Cultura-Museo do Humor. Alí poderá visitarse durante todo o mes, de luns a venres de 10 a 14,15 horas.
02-07-2018

A pintora Flor Taracido trae á Casa da Cultura de Fene “Cores. O reflexo da alegría de vivir”

A artista estará acompañada polo alcalde, Gumersindo Galego, e a edil de Cultura, Rocío Bértoa, na inauguración da mostra, este martes ás 20 h

“Cores. O reflexo da alegría de vivir” é o título da nova exposición que albergará a Casa da Cultura-Museo do Humor durante todo o mes de xullo. Unha mostra coas creacións da pintora ferrolá Flor Taracido que este martes, 3 de xullo, abre as súas portas en Fene. Será nun acto de inauguración presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, que arrancará ás 20 horas con entrada libre.
29-06-2018

Fernando Iglesias Mouta e Ana Martínez Fernández, gañadores do XXII Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene

O xurado destaca a calidade dos traballos presentados e avanza que o Museo do Humor albergará no mes de outubro unha mostra cunha selección destes

Tras unhas deliberacións ben reñidas pola extraordinaria calidade dos traballos presentados, o xurado do XXII concurso de humor gráfico Curuxa do Humor emitía este mediodía o seu fallo: Fernando Iglesias Mouta resultaba gañador do primeiro premio da Curuxa Gráfica (categoría para maiores de 25 anos) e Ana Martínez Fernández era galardoada co primeiro premio da Curuxa Nova (menores de 25). Así mesmo, Manuel Arriaga de León e Cristián Fojón Caruncho alzábanse co segundo premio na categoría Gráfica e Nova respectivamente.
18-06-2018

O alumnado da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene amosa o seu talento creativo na mostra “Pequenas crianzas coa arte”

Poderá visitarse na Casa da Cultura dende mañá martes e ata o 29 de xuño, de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 20 h e os sábados de 10 a 13 h

Os nenos e nenas da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene son uns auténticos artistas e, a partir de mañá martes, 19 de xuño, a veciñanza poderá comprobalo na Casa da Cultura do municipio.
 
13-06-2018

Éxito de convocatoria con 86 debuxos presentados ó Concurso Curuxa do Humor

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, destaca a cifra, que se incrementa notablemente respecto á edición de 2017

O xurado, presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e coa participación dos humoristas gráficos Borja Ramón López Cotelo, Andrés Simal González e Kiko Da Silva, emitirá o seu fallo o día 29 de xuño 
14-05-2018

Aberto ata o 31 de maio o prazo de presentación de obras ó XXII Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do humor”

O certame, que busca recoñecer o traballo dos mellores humoristas gráficos do momento, repartirá 5.000 euros en premios

O Concello de Fene lembra que o prazo de presentación de traballos ó XXII concurso de humor gráfico “Curuxa do humor” pecharase o vindeiro 31 de maio ás 23,59 horas e anima á participación no certame, co que Fene busca recoñecer o traballo dos mellores humoristas Gráficos do momento, tanto galegos coma de calquera recuncho de España.
 
05-04-2018

“As mulleres” de Yolanda Vizoso amosaranse a partir do vindeiro luns en Fene

A cor inundará a sala de exposicións da Casa da Cultura de Fene nas vindeiras semanas cunha exposición de pintura da artista fenesa Yolanda Vizoso. A mostra abrirá ao público o vindeiro luns, 9 de abril, e poderá visitarse até o día 30.
22-03-2018

Horario especial da Casa da Cultura de Fene durante a Semana Santa

A Concellería de Cultura informa dos cambios no horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” e Museo do Humor, por mor da Semana Santa.
02-03-2018

A exposición "A mar a mares", da sección de fotografía do Grupo Bazán, amósase en marzo en Fene

“A mar a mares” poderase visitar do martes 6 de marzo ao luns 2 de abril de 2018 na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura. Horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e sábados, de 10.00 a 13.00 horas.