04-11-2017
04-11-2017
O alcalde de Fene anuncia unha nova convocatoria dos Premios Curuxa para comezos do 2018
Juventino Trigo aproveitou a entrega de premios do Museo do Humor para reafirmar a aposta do goberno municipal por este certame de humor gráfico
“A continuidade dos Premios Curuxa é garante en si mesma do futuro do Museo do Humor de Fene e, polo tanto, dun dos principais signos de identidade que ten este Concello”. Con estas palabras, o alcalde de Fene avanzaba onte á tarde a próxima convocatoria dos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico que organiza o Museo do Humor de Fene.
02-11-2017
02-11-2017
A primeira sesión do "Novembro, mes do humor", organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña, estará chea de “contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea”, cun toque contemporáneo “para apalparlles que tamén son historias actuais e que non son pezas de museo”.
31-10-2017
31-10-2017
Coa entrega dos premios “Curuxa do Humor 2017”, o Museo do Humor de Fene abrirá este venres un novo ciclo “Novembro, Mes do Humor”. As persoas que desexen asistir ao acto deberán recoller invitacións (2 por persoa) o mesmo venres a partir das 18.30 horas na conserxería da Casa da Cultura de Fene.
10-10-2017
10-10-2017
Corenta e cinco debuxos conforman a mostra de humor gráfico “Premios Curuxa 2017” que se pode ver durante os meses de outubro e novembro na sala de exposicións temporais do Museo do Humor de Fene.
13-09-2017
13-09-2017
No marco da súa oferta cultural para o curso 2017/18, o Concello de Fene anuncia o IV Obradoiro "Licenza para rir" que se desenvolverá nas instalacións do Museo do Humor de Fene a partir do mes de outubro.
07-07-2017
07-07-2017
O martes 11 de xullo abre ao público a exposición do X Premio de Banda Deseñada "Castelao" (Deputación da Coruña). A mostra recolle os orixinais de “A carreta do diaño”, do debuxante Fernando Llorente, que gañou o certame.
06-07-2017
06-07-2017
Últimos días para visitar en Fene a mostra de fotografía surrealista de Javier Gómez Sanz
A exposición incorporou nos últimos días novas pezas como a chamada "Tumba de Dios" que da nome ao conxunto
A exposición “Dios ha muerto. Sólo nos queda el humor”, de Javier Sanz, encara a súa recta final no Museo do Humor de Fene. O venres pecha ao público esta orixinal exposición do fotógrafo e escultor coruñés.
26-06-2017
26-06-2017
Borja Ramón López Cotelo gaña o premio Curuxa 2017 e Andrés Simal González a Curuxa nova
Os segundos premios recaeron en Andrés Meixide (CURUXA) e Andrés Garrido (Curuxa nova)
O xurado do XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”, reunido esta mañá nas instalacións do Museo do Humor de Fene, ven de dar a coñecer os nomes dos gañadores/as do certame na súa edición 2017
26-06-2017
26-06-2017
O Museo do Humor de Fene abrirá ao público todos os luns, mércores e venres, de 17.00 a 21.00 horas.
31-05-2017
31-05-2017
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e o concelleiro de Cultura, Justo Martínez Ardá, entregaron onte á tarde os diplomas ás participantes no obradoiro Licenza para rir 16/17 que se desenvolveu no Museo do Humor de Fene dende o mes de outubro do pasado 2016 até finais deste mes de maio.