En primeiro lugar débese reservar día, hora e sitio para a celebración do matrimonio. Para iso, hai que reservar a data e posteriormente rexistrar toda a documentación, segundo modelos aquí achegados, no Rexistro Xeral.
Para facer a reserva
Avda. de Naturais 44, Entresollado dereita - 15500 Fene
Teléfono: 981 340 366
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas.
Importante
Previo á presentación da solicitude de reserva de matrimonio civil, as persoas interesadas deberán iniciar o expediente matrimonial no Rexistro Civil que lles corresponda, onde se lles informará dos requisitos e documentación a presentar. O Concello quedará á espera de recibir por parte do Rexistro Civil a autorización para poder realizar o matrimonio.
Documentación
- Fotocopia do documento identificador dos contraentes: D.N.I, cartón de residencia ou pasaporte en vigor cando se trate de estranxeiros.
- Fotocopia do documento identificador de dúas testemuñas, maiores de idade: D.N.I, cartón de residencia ou pasaporte en vigor se son estranxeiros.