Que está pasando
A iniciativa desenvolverase nas propias tendas con horarios especiais e importantes descontos nos produtos
O Concello de Fene impulsa unha nova edición do Outlet de Fene, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de setembro, coa participación de 18 establecementos comerciais do municipio. A iniciativa desenvolverase nos propios locais participantes, que ofrecerán produtos en condicións especiais durante tres xornadas.
O horario do Outlet será de 10.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas o venres e o sábado, e o domingo de 11.00 de 13.30 horas. Nesta edición participan os seguintes comercios: MasSport, DaMa, Bualá, El Baúl de Bego, Lencería Loly Calvo, Costuras Mercería e Lenceria, Calzados Locay, Mayka Moda, Koralli Boutique, Jomer, Kenia, Berline, A Tenda Agasallos, Dani Reparaciones y Complementos, Cáprica Comics y Juegos, Mi Pachú, Arrecendo e Luale114.
O grupo compostelán The Homens amenizará este sábado, 1 de agosto, a sesión vermú do Felicia Pop Festival no Parque da Hortiña de Limodre, a partir das 12.30 horas. A actuación está organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración do programa Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia. Entrada libre e de balde.
Dez anos despois do seu último concerto e dezaseis trala publicación do último disco, volven The Homens! Nesta nova etapa, o trío referente do power pop en galego combinará en directo as cancións das súas catro referencias discográficas.
O luns 6 de xullo ás 20.30h, a praza do alcalde Ramón José Souto González acollerá o espectáculo de danza contemporánea Un Baile Ceibe en Comunidade, da compañía de Fran Sieira, unha proposta que revisita o folclore galego desde unha linguaxe escénica actual. A continuación terá lugar o concerto do grupo Encrucillada, que celebrará o seu décimo aniversario cun repertorio centrado na música para baile e foliada.
O martes 7 de xullo ás 20.30h celebrarase unha nova edición do tradicional Festival de Habaneiras e Canto Coral, coa participación da Rondalla Estrelecer, da Coral Polifónica Agarimo de Sillobre, de Tradicoro e da Coral Polifónica O Pote de Maniños.
