Promoción

Inicio   Que facer   Promoción

Encontro de Palilleiras

Palilleiras de toda España acoden ao encontro que ten lugar o último sábado do mes de abril, no pavillón A Xunqueira en San Valentín.

Concurso de Tapas

Durante varias fins de semana do mes de maio e nalgún caso en xuño, realízase un concurso de tapas no que participan os hostaleiros de Fene. O cliente pode degustar gratuitamente unha tapa tradicional ou creativa.

Festa Mariñeira

O Concello de Fene en colaboración coas sociedade, as cales ofrecen diferentes pratos de degustación de mariscos da ría, organiza no mes de setembro a Festa Mariñeira no peirao de Barallobre.

Outlet Merca in Fene

Actividade que ten por finalidade tanto a promoción do noso comercio local, como de dar a posibilidade aos nosos/as comerciantes de pór en venda produtos de fin de tempada. Ademais, podemos pasar o día con obradoiros de xogos infantís, malabares, actuacións musicais, agasallos e sorteos de premios.