Como chegar

Inicio   Fene descúbreo   Como chegar

Por estrada

Fene goza dunhas excelentes comunicacións por estrada. Así, a autoestrada AP-9 conecta directamente o concello coas principais cidades de Galiza. Atravesa o concello, asemade, a N-642 que vai de Ferrol a Madrid. Outras vías como a AC-122 e a AC-862 unen Fene con outros concellos da comarca como Mugardos ou As Pontes, respectivamente.

En tren

A diario Renfe realiza varios traxectos entre as cidades de Ferrol e A Coruña. Esta liña conta con dous apeadoiros nas parroquias fenesas de Perlío e Barallobre. Na web da compañía é posible obter máis información sobre prezos e horarios.

En autobús

A estación de autobuses de Ferrol sitúase a só 7 quilómetros. A práctica totalidade das liñas existentes contan con paradas en Fene. Arriva e Monbus ofrecen a maioría de traxectos frecuentes até cidades como A Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo.

En avión

Os aeroportos máis próximos ao municipio son os de Alvedro, na Coruña (a 39 km), Lavacolla, en Santiago de Compostela (a 82,5 km) e Peinador, en Vigo (a 174 km). Todos eles reciben voos nacionais e internacionais a diario. Estes poden consultarse na web de AENA.