De compras

Inicio   Que facer   De compras

O pequeno comercio en Fene

O comercio de Fene é unha alternativa ás grandes áreas comerciais, onde terás unha atención personalizada, un trato amable, produtos diferenciados e tendas variadas.

Un pequeno grupo de comerciantes de Fene con moitas inquedanzas e ganas de xuntar esforzos, e programar accións para conseguir melloras sociais e económicas, solicitaron a colaboración dos representantes da Concellería de Promoción Económica do Concello de Fene. No ano 2008 constituíron a ASOCIACIÓN DE COMERCIO, HOSTALERIA E SERVIZOS DE FENE O CRUCEIRO co propósito de representar, defender e promocionar os intereses económicos, sociais e profesionais dos seus asociados. A asociación constitúese inicialmente por unha vintena de pequenos empresarios de Fene, chegando a superar en pouco tempo a centena de asociados. Ao longo do ano realizan diversas campañas e actividades das que se poden beneficiar os clientes, e coas que pretenden que as compras sexan un atractivo para visitar Fene.

Esta asociación realiza diversas campañas de promocións para os seus clientes ao longo do ano: Día dos Namorados, Día do Pai, Día da Nai e Nadal.

Asociación O Cruceiro

Enderezo: Rúa Fonte do Campo s/n

Web: www.ocruceiro.org 

Facebook Asociación O Cruceiro