Situación xeográfica

Inicio   Fene descúbreo   Situación xeográfica

Fene é un concello no Noroeste de Galicia, integrado na comarca coruñesa de Ferrolterra que, pola súa vez, forma parte do gran conxunto comarcal do Golfo Ártabro xunto coas Mariñas e A Coruña.

O concello limita cara ao norte co municipio de Neda, no sur cos de Cabanas, Ares e a súa ría. Na banda leste fai linde co concello da Capela e na occidental toca co concello de Mugardos e mais a ría de Ferrol. Fene ten unha extensión de 27,4 quilómetros cadrados e sumaba, segundo o Padrón Municipal de 2006, 14.246 habitantes. O seu territorio distribúese en oito parroquias.